Vigo accede á Fase 1 da desescalada do mesmo xeito que o resto de Galicia

O 51% da poboación española pasa o luns á fase 1
Publicado por o día 08/05/2020 na sección de Coronavirus,España,Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

Vigo accede á Fase 1 da desescalada do mesmo xeito que o resto de Galicia

Este luns 11 de maio Vigo rexerase polas normas que establece a Fase 1 da desescalada. Así o anunciou este venres pola tarde o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, o anuncio foi ás 20:51 h, que deu conta dos territorios que accederán á segunda etapa do plan de normalización deseñado polo Goberno de España.

O 51% da poboación española pasa á fase 1 da desescalada do confinamento, por atoparse en territorios que avanzan a esta nova etapa. Así o anunciaron nunha rolda de prensa o ministro de Sanidade, Salvador Illa, e o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, tras o Cel Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

A Comunidad de Madrid presentou a última hora de onte ao Ministerio de Sanidade o documento onde argumenta os motivos polos que solicita pasar á fase 1 da desescalada o próximo 11 de maio.

A nivel estatal, España sumou 213 mortes con COVID-19 este xoves, o que eleva o total a 26.070, segundo os últimos datos publicados por Sanidade. Isto supón un leve descenso con respecto a este mércores, cando se notificaron 244 falecementos. Ademais, engadíronse 754 novos contagios, ata unha cifra de 221.447 desde o inicio da pandemia, fronte aos 685 deste mércores.

CRITERIOS DE CONTAXIO E GRAVIDADE

Explica Simón que se valoraron os criterios de contaxio, como a transmisión e os positivos en tests PCR, e os de gravidade, como o número de casos en coidados intensivos no últimos sete días ou o número de pacientes falecidos nese período. Así mesmo, atendeuse a criterios de preparación, que fan referencia á capacidade de detección e de reacción.

CRITERIOS PARA AVANZAR DE FASE

CCAES, Fernando Simón, que explica cales son os criterios que valoraron para decidir se as distintas rexións avanzaban de fase. Como requisitos obrigatorios para avaliar a proposta son uns cocientes de camas en UCI e de pacientes agudos.

NOVAS MEDIDAS

Illa recalcou que naquelas rexións que pasen á nova fase o teletraballo deberá continuar vixente sempre que sexa posible. Como novidade, estarán permitidos un contacto social dun máximo de 10 persoas, a apertura ao público de pequeno comercio (menos de 400 metros cadrados) cun aforo do 30%, cun horario especial para as persoas de 65 anos. Tamén se autoriza ás comunidades para adaptar as franxas horarias, de acordo coas circunstancias climatolóxicas.

“CONSOLIDAR O CONTROL DA EPIDEMIA”

Ese é o obxectivo desta fase 1, segundo Illa, que explicou que recibiron e estudaron as solicitudes das comunidades autónomas, coas que mantiveron reunións bilaterais para avaliar a situación de cada territorio.

Que esta permitido na fase 1?

  • Ámbito persoal

Reunións de familia ou amigos en grupos de ata 10 persoas (non vulnerables nin con patoloxías previas) na rúa ou en domicilios, mantendo as medidas de seguridade e hixiene. Velorios de ata 15 persoas ao aire libre ou 10 en espazos pechados. Comitivas de enterramento ou cremación de ata 15 persoas

  • Comercio e servizos

Apertura de comercio de máis de 400 metros cadrados e centros comerciais. Aforo limitado ao 30% e distancia mínima de 2m. entre clientes. Horario preferente para maiores de 65 anos. Posibilítase a apertura de mercadillos con 1/4 do número de postos habitual e 1/3 do aforo.

  • Hostalería, restaurantes e cafeterías

Terrazas de bares e restaurantes ao 50% de capacidade

  • Hoteis e aloxamentos turísticos

Aforo de menos de 1/3 e restricións en zonas comúns

  • Cultura e lecer

Apertura de bibliotecas (préstamo e lectura con limitación de aforo). Actos culturais de menos de 30 persoas en lugares pechados limitados a 1/3 do seu aforo. Actos ao aire libre de menos de 200 persoas. Visitas a museos con1/3 do aforo e controlando as aglomeracións. Turismo activo e de natureza en grupos limitados

  • Deporte profesional

Apertura de centros de alto rendemento

  • Deporte non profesional

Instalacións deportivas ao aire libre sen público para practicar deportes sen contacto

  • Culto relixioso

Apertura ao 30% do aforo

  • Mobilidade

En vehículos de menos de 9 prazas permítese usalas todas se os pasaxeiros son conviventes (desprazamentos dentro da mesma provincia).

Transporte público cunha oferta do servizo do 80-100%
2 Contacto social en grupos máis amplos para persoas non vulnerables.

Vodas para número limitado de asistentes. Se ampla o número de familiares en velorios Apertura de infantil (ata 6 anos) para familias con ambos os proxenitores realizando traballo presencial.

Apertura de centros de Educación Especial.

Programas de reforzo educativo. Aforo limitado ao 40% e distancia de 2 m. entre clientes Ábrese o espazo interior de locais con garantía de separación entre clientes Apertura de zonas comúns limitadas a 1/3 de aforo Apertura a 1/3 de capacidade de cinemas, teatros e similares así como de salas de exposicións, conferencias e multiuso.

Actos e espectáculos de menos de 50 persoas en lugares pechados (1/3 do aforo). Actos ao aire libre de menos de 400 persoas.

Turismo activo e de natureza para grupos máis amplos Adestramento total en ligas profesionais e básico en ligas non profesionais federadas. Reapertura de campionatos profesionais mediante partidos a porta pechada ou con limitación de aforo que poden ser retrasnmitidos Permítese caza e pesca deportiva.

Instalacións deportivas pechadas sen público para practicar deportes sen contacto Apertura ata un 50% do aforo

Reincorporación presencial paulatina Contacto social para persoas non vulnerables.

Se amplia o número de asistentes a vodas e velorios

Apertura das zonas comúns e recreativas de centros comerciais; 50% do aforo Apertura ao 50% do aforo. Apertura de discotecas e bares nocturnos a 1/3 do aforo.

Apertura de zonas comúns limitadas a 1/2 de aforo As actividades con 1/3 do aforo poderán pasar a 1/2 do aforo.

Instalacións taurinas con aforo que garanta unha persoa por cada metro cadrado.

Actos e espectáculos, parques temáticos e de lecer ao aire libre de menos de 800 persoas.

Turismo activo e de natureza. Praias en condicións de seguridade e distanciamento. Adestramento medio en ligas non profesionais federadas Actividades ao aire libre con aforo menos limitado e en espazos pechados (deportes non de contacto) cunha limitación dunha persoa por cada 20 metros cadrados. Partidos con 1/3 do aforo garantindo espazos de seguridade entre espectadores Todos os servizos de transporte público ao 100%

Comentar noticia

Your email address will not be published.