Vigo acolle “Robeco Essentials Live”, Achegando valor en Sustentabilidade

Coincide con diversas iniciativas como o impulso da Xunta para cumprir cos ODS da ONU, o proxecto piloto de Red.es en Vigo sobre edificios intelixentes, ou a estratexia de crecemento sustentable ” Blue Growth” do porto de Vigo
Publicado por o día 08/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

Vigo acolle “Robeco Essentials Live”, Achegando valor en Sustentabilidade
A xestora holandesa Robeco presenta en Galicia a Xira “Robeco Essentials Live”, integrada na súa plataforma on- line de formación para asesores financeiros “Robeco Essentials.” En colaboración con EFPA España abordará para os investidores e asesores da comunidade galega a relevancia da sustentabilidade e as tendencias que están a dar forma a un mundo sustentable e penétrannos en “A Era da Responsabilidade.” A asistencia permite acumular dúas horas de certificación de formación continua profesional (CPD). A xira chega cando Galicia está a impulsar a integración e a sustentabilidade con diversas iniciativas como o proxecto da Xunta para cumprir cos ODS da ONU, o proxecto piloto de Red.es en Vigo sobre edificios intelixentes, ou a estratexia de crecemento sustentable ” Blue Growth” do porto de Vigo. Ten lugar este martes 12 de marzo no Hotel NH Collection de Vigo, de 17:15 a 19:30.
 
Ana Claver, Responsable de Robeco España e Chile, “estamos encantados de poder compartir cos investidores e asesores en Galicia nosa experiencia e profundo coñecemento do investimento en sustentabilidade, nun momento onde Galicia está a impulsar a integración e a sustentabilidade en diferentes áreas. O auxe da integración de criterios ASG (medio ambientais, sociais e bo goberno) nos fondos de renda variable e renda fixa está a facer que a sustentabilidade deixe de ser un nicho para converterse nunha corrente maioritaria. En Robeco somos pioneiros e líderes en sustentabilidade (número 1 en Investimento Sustentable segundo Fund Buyer Focus 2018) xa que nos tomamos moi en serio a Sustentabilidade desde os anos 90. Por iso embarcámonos neste proxecto de formación ( On- line e Off- line) co fin de compartir o noso coñecemento e despexar as dúbidas e mitos sobre o investimento sustentable, como a súa terminoloxía e rendibilidade. Estamos convencidos, do mesmo xeito que a Comunidade Galega, que a sustentabilidade non é unha moda, é o futuro e está aquí para quedar. A súa integración nos procesos de investimento axuda a tomar decisións de investimento mellor fundamentadas, a identificar oportunidades de investimento e reducir riscos. A sustentabilidade é agora unha forma intelixente de facer diñeiro, e en Robeco somos expertos nesta materia a través de dúas vías; a integración de criterios ASG, e a titularidade activa, sendo referentes no mundo dos investimentos e no tecido industrial global.”
 

Programa “ Robeco Essentials Live” en Vigo o martes 12 de marzo de 17:15 a 19:30 horas.

 
17:15-17:25 Rexistro e Benvida.
 
17:25 “ Robeco Essentials: Achegando valor en Sustentabilidade.” Relator: Sonia Pérez-Castro, Responsable da canle de asesoramento, Robeco.
 
17:55 “O Investimento Sustentable en tres preguntas.”
 
Relator: Luís da Torre, Doutor Enxeñeiro especialista en sustentabilidade, Robeco.
 
18:45 “ Mega tendencias esculpiendo un mundo sustentable.”
 
Relator: Sonia Pérez-Castro.
 
19:25 “Como monetizar estas oportunidades de investimento.”
 
Relator: Sonia Pérez-Castro.
 
19:30 Viño español con todos os asistentes ao encontro.
 
Lugar; Hotel NH Collection, Rúa de García Barbón, 17-19, 36201, Vigo.

Acerca de Robeco Essentials

 
Robeco Essentials componse de diferentes módulos educativos online centrados en temas de relevancia para os investidores. Preséntanse en modalidade de autoestudio apoiados por animacións, gráficos, casos prácticos, resumos e probas de coñecementos individuais. Acompáñase de módulos presenciais, a través de “ Robeco Essentials Live. Cada módulo permite acumular dúas horas de certificación de formación continua profesional ou CPD ( Continuing Professional Education). Robeco Essentials foi validado polas principais Institucións Certificadoras internacionais. Os módulos educativos están dispoñibles en idioma local en España, Italia, Francia, Reino Unido, Alemaña, Suíza, Bélxica e Países Baixos