Vigo acolle o próximo 5 de decembro un encontro europeo sobre fotónica, a denominada tecnoloxía do futuro. Trátase dunha xornada orientada ás empresas galegas co fin de dar a coñecer, con casos prácticos, os usos desta tecnoloxía nos procesos industriais.
A xornada, baixo o título “Fotónica integrada: casos prácticos e aplicacións na industria”, servirá tamén de lanzamento dun programa europeo que coordina a Universidade de Vigo, en colaboración coa empresa holandesa Smart Photonics. Trátase dun programa para capacitar a catro profesionais da Unión Europea na fotónica integrada, concedido ao equipo da Universidade de Vigo, dirixido polo investigador e subdirector de AtlanTTic, Francisco Díaz.
Ao encontro, que terá lugar en Zona Franca, asistirán empresas vinculadas principalmente coa automoción, as tecnoloxías, o téxtil, a alimentación e a saúde. Participarán como relatores os máis destacados expertos europeos en fotónica integrada como Auri Ripoll (directora de márketing de EPIC), Ronald Broeke (director xeral de Bright Photonics) e Francisco Soares, un dos máximos responsables do Instituto Fraunhofer Heinrich Hertz.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.