Vigo acolle un evento benéfico “O Alzheimer non se esquece”

Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Vigo acolle un evento benéfico “O Alzheimer non se esquece”

Así nos trasladan a noticiasvigo.es este evento cheo de un corazón fermoso.

Somos un grupo de persoas involucradas nun proxecto cheo de ilusión e esperanza pola concienciación da enfermidade chamada “demencia senil de tipo Alzheimer ( DSTA)”, que actualmente afecta a máis de 46 millóns de persoas no mundo. Queremos achegar o noso granito de area cun EVENTO BENÉFICO en favor á “Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (Afaga)”.

Trátase dun evento que consta de dous partes, como podes ver na programación, que terán lugar no IES Santa Irene de Vigo, o próximo 21 de setembro.

Pola mañá, os nosos monitores buscarán a participación e implicación de nenos e adultos para gozar de actividades en familia e realizaremos en Praza América (diante do Centro Comercial 3), o flashmob “#noseolvidachallenge”, que xa publicamos no noso instagram e Facebook (@elalzheimernoseolvida).

Pola tarde daremos comezo a unha gala benéfica que se abrirá cunha curtametraxe e unha charla de concienciación. Ademais, terán lugar diferentes espectáculos de danza, desfiles e música en directo. No transcurso da mesma, realizaranse varios sorteos, para os cales temos dispoñibles rifas, que se poderán comprar o día do evento ou os días previos en puntos de venda que proximamente indicaremos por redes sociais.

Por último e non menos importante, durante o transcurso do día 21 de Setembro, contaremos cun “Mercadillo Solidario” composto por doazóns de persoas e empresas colaboradoras.

Este é, a grandes liñas, o planning de actividades para o día mundial do Alzheimer.

Programa