Vigo acolle un evento non Día Internacional das Persoas sen Fogar

Publicado por o día 25/11/2019 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Protestas,Social,Vigo

Vigo acolle un evento non Día Internacional das Persoas sen Fogar

Como todos os anos, polo Día Internacional das Persoas sen Fogar,  realizaremos un acto de rúa visibilizando as problemáticas de senfogarismo na nosa cidade. Será neste caso o día 26 de novembro,  ás 19:00 h na peonil do Calvario.

Durante o mesmo leráse un manifesto no que se fará un repaso da actualidade da situación das persoas sen teito. Recordamos que non existe un censo oficial para poderen recoller os datos reais do alcance deste drama e que na cidade non dispoñemos dun plan de vivenda en aluguer social que poida atenualo, polo tanto hai persoas perceptoras de RISGAS ou pensións non contributivas que ven imposible acceder a unha vivenda a prezos de mercado coas garantías que se están a pedir nestes momentos, o cal os encadea á rúa de forma crónica.

Recordaremos que se ben foi aprobada a iniciativa Housing First para implantarse o 2019 dende o eido autonómico, rematando o ano todavía non se traduciu en medidas tanxibles.

Reivindicaremos tamén, no tocante ao goberno municipal, a mellora do albergue, o seu aumento de prazas e de tempo de estancia, así como un traballo multidisciplinar de inclusión activa, e sobre todo, o compromiso das institucións para atoparen as ferramentas para evitar as mortes prematuras na rúa de veciñas empobrecidas, que seguen sucedendo en Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.