Vigo acolle unha palestra baixo o titulo “o impacto das eleccions xerais en Galicia” con Antón Losada, Periodista e Profesor de Ciencias Políticas

Por o 30/04/2019 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
Vigo acolle unha palestra baixo o titulo “o impacto das eleccions xerais en Galicia” con Antón Losada, Periodista e Profesor de Ciencias Políticas
Compartir en:
Os resultados das últimas eleccións xerais do pasado 28 de Abril, precisan tamén dunha análise do seu significado para Galicia. Quen gaña, quen perde e por qué, e sobre todo, como lle vai ir ó pais. Para elo, o Ateneo Atlántico quere convidar este Xoves 2 de maio, ás 19:30h no Auditorio do Areal, a Anton Losada, Profesor de Ciencias Políticas da Universidade De Santiago, comentarista e analista político, para que resposte ás preguntas de Bibiana Villaverde, xornalista de Radio Voz e que tamén vai moderar o debate posterior. A presentación do acto correrá a cargo da tamén xornalista, Eva Antón González.
  • Antón Losada Labrada. Profesor Titular de Ciencia Política no Departamento de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela dende 2002. Doutor europeo en Dereito. Comentarista e colaborador en diversos medios como a Cadena Ser, TV3 ou Diario.es. O seu último libro é “Constitución: la reforma inevitable Monarquía, plurinacionalidad y otros escollos” (2018)
  • Bibiana Villaverde. Nada en Pontevedra. Licenciada en Xornalismo pola Univesidade Pontificia de Salamanca. Dende o 2010 é cronista parlamentaria de V Televisión. Dende o 20198, directora de “Voces de tu ciudad” en Radio Voz Vigo.
  • Eva Antón González. Licenciada en Xornalismo. Doctorando en “Marketing político, actores e instituticiones en las sociedades contemporáneas” pola Universidade de Santiago de Compostela.

Entrada libre ata completar aforo (120 persoas)

Auditorio do Areal · Rúa do Areal, 46
Xoves, 2 de maio · 19:30h

Comentar noticia

Your email address will not be published.