Vigo acollerá a presentación do número 110 A Trabe de Ouro

Por o 25/06/2019 | Sección: Cultura,Eventos,Galicia,Vigo
Vigo acollerá a presentación do número 110 A Trabe de Ouro
A publicación galega de pensamento crítico A Trabe de Ouro acaba de publica-lo seu número 110. Nada no ano 1990, a revista adica catro números ao ano á analise sociopolítica e do pensamento, á publicación de textos literarios e críticas, ou á actualidade cultural.
Por iso o Ateneo Atlántico, convida este xoves día 27, ás 19:30h na Casa Galega da Cultura, a algúns dos seus contribuíntes e autores, para falar da revista e que nos presenten os seus contidos. A presentación correrá a cargo do director da revista, Xosé Luís Méndez Ferrín, o filósofo Francisco Sampedro Ojeda nos falará da “Actualidade de Marx” e o historiador Lucio Martinez Pereda de “O Pazo de Meirás e o Mercado do Patriotismo“. O número tamén inclúe textos de Manuel Lago, Óscar Lopes, Francisco Fernández Rei, Francesc Pujols, Daniel Salgado, Miro Villar, Oriana Méndez, Pancho Niño, Xiana López e Lucía España.
Entrada libre ata completar aforo (50 plazas)
Casa Galega da Cultura · Praza da Princesa /sn
Xoves 27 de xuño · 19:30h

Comentar noticia

Your email address will not be published.