Vigo acollerá un curso de verán da UNED sobre Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Abel Caballero anunciou este mércores que a sede viguesa desta Universidade acollerá en xullo o seu primeiro curso de verán, titulado “Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030)”. O alcalde indicou que o Concello adica case que un millón de euros á biblioteca e sede da UNED.
Publicado por o día 20/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo acollerá un curso de verán da UNED sobre Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Abel Caballero anunciou este mércores que a sede viguesa desta Universidade acollerá en xullo o seu primeiro curso de verán, titulado “Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030)”. O alcalde indicou que o Concello adica case que un millón de euros á biblioteca e sede da UNED.

A cita terá lugar do 10 ao 12 de xullo na sede viguesa da UNED, emprazada no Auditorio Mar de Vigo. O que será o primeiro curso de verán en Vigo da Universidade Nacional de Educación a Distancia leva por título “Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030)”.

Abel Caballero asegurou que o Concello apoia á UNED en Vigo con case que un millón de euros, dos que 657.000 euros son en concepto de instalacións cedidas, cantidade que a administración local deixa de abonar ao pasar a ser municipal o Auditorio Mar de Vigo. Os espazos ofrecen unha biblioteca municipal con máis de 400 postos de lectura, aberta a toda a cidadanía.

O alcalde deu algunhas cifras do funcionamento da UNED na cidade. Así, destacou que os estudantes superan o millar este curso, 93 alumnos nos cursos de acceso e 916 matriculados nos graos que Vigo oferta, e que son os de Psicoloxía, Dereito, Administración e Dirección de Empresas, Educación Social, Enxeñería Informática, Xeografía e Historia, Pedagoxía, Historia da Arte, Ciencias Ambientais, Estudos Ingleses e Turismo.