Vigo adhírese á Declaración de París para desenvolver accións que poñan fin á epidemia da SIDA

O Pleno do Concello aprobou na sesión deste luns 28 de novembro a declaración institucional coa que se suma á declaración de París por unha acción acelerada nas cidades para poñer fin á epidemia da SIDA para o 2030.
Publicado por o día 01/12/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Vigo adhírese á Declaración de París para desenvolver accións que poñan fin á epidemia da SIDA

O 1 de decembro de 2014, Día Mundial da Sida, alcaldes de todo o mundo asinaron en París unha declaración para poñer fin á epidemia de SIDA nas súas cidades. Nesa declaración, denominada Declaración de París, os alcaldes comprométense a adoptar una serie de compromisos para acelerar a resposta ó SIDA nas cidades co obxetivo de por fin a epidemia. Entre tales compromisos atópase alcanzar os obxetivos 90-90-90 de ONUSIDA.

Nesta reunión, organizada pola alcaldesa de París, Anne Hidalgo, estiveron tamén presentes o Programa Conxunta das Nación Unidas sobre o VIH-SIDA (ONUSIDA), o Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos (ONU-Hábitat), e a Asociación Internacional de Provedores de Atención o SIDA (IAPAC), organismos que, xuntos cos alcaldes, asinaron a Declaración de París.

A Declaración de París de 2014 inclúe o compromiso de centrarse nas comunidades máis afectadas, movilizar recursos para lograr unha mellor integración de saúde pública a desenrolar, construír e acelerar as estratexias urbanas en materia de VIH e usar a resposta á SIDA como catalizador de unha transformación social positiva.

Atopámonos nun momento histórico para a resposta o SIDA, grazas os avances científicos, o activismo comunitario e o compromiso político cuns obxetivos comúns, temos a oportunidade real de por fin ao SIDA a escala mundial para o 2030. As cidades levan moito tempo na primeira fila da resposta ó SIDA e agora atópanse nunha posición única para liderar accións aceleradas con miras a alcanzar os obxetivos 90-90-90 en 2020, isto é: que o 90% das persoas que viven con VIH coñeza o seu estado serolóxico; que o 90% dos que coñecen ao seu estado reciba tratamento; e que o 90% das persoas en tratamento suprima la carga viral.

-Podemos deter todas as novas infeccións polo VIH e evitar mortes relacionadas co SIDA, incluídas as mortes por tuberculoses. Podemos acabar co estigma e a discriminación. Todos os nosos cidadáns deben ter acceso a servizos de prevención, tratamento, atención e apoio relacionados co VIH e a tuberculose, que permitan salvar vidas.

Se colaboran, as cidades poden adoptar medidas locais que teñan unha repercusión mundial.
Ó aproveitar o noso alcance. infraestrutura e capacidade humana, as cidades crearán un futuro máis equitativo, incluínte, próspero e sustentable para todos os cidadáns, sen importar o seu sexo, idade, situación económica ou social ou orientación e identidade sexual.

Comprometémonos a elaborar un plan de acción e unirnos a unha rede de cidades con obxecto de facer realidade a presente declaración. Traballaremos en ampla consulta con todas as partes interesadas e analizaremos periodicamente os resultados a a fin de axustar as nosas respostas para que sexan rápidas, intelixentes e eficaces. Apoiaremos a outras cidades e compartiremos as nosas experiencias, coñecementos e información sobre os aspectos que funcionan e se poden mellorar. Informaremos anualmente sobre os nosos progresos.

ACORDO

– Adherirse a Declaración de París por unha acción acelerada nas cidades e poñer fin así á epidemia da SIDA para o 2030 cuyo texto íntegro se adxunta ao presente Acordo.

– Trasladar o presente Acordo de Adhesión á Declaración de París aos seus promotors e á Coordinadora Estatal VIH -SIDA (CESIDA), así como as organizacións de VIH-SIDA do nos ámbito.

– Autorizar a sinatura de Adhesión á Declaración de París do Alcalde do noso Concello.