Vigo aproba o proxecto de regulamento do servizo de transporte urbano en autobús

Abel Caballero avanzou que a Xunta de Goberno Local aprobou este luns o proxecto de regulamento do servizo de transporte urbano de viaxeiros en autobús. O alcalde explicou que forma parte dos traballos preparatorios para o novo contrato de transporte colectivo.
Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo aproba o proxecto de regulamento do servizo de transporte urbano en autobús

Abel Caballero avanzou que a Xunta de Goberno Local aprobou este luns o proxecto de regulamento do servizo de transporte urbano de viaxeiros en autobús. O alcalde explicou que forma parte dos traballos preparatorios para o novo contrato de transporte colectivo.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes en rolda de prensa que a Xunta de Goberno Local do Concello aprobou o proxecto de regulamento do servizo de transporte urbano de viaxeiros en autobús de Vigo e aprobación inicial do mesmo.

Segundo explicou o rexedor, o proxecto forma parte dos traballos preparatorios do novo contrato de transporte urbano colectivo e o obxectivo é regular as condición xerais de prestación e utilización do servizo de transporte urbano e os dereitos e obrigacións de usuarios e empresa.

Pleno Orzamento

Por outra banda, o alcalde anunciou que este venres, ás 08:30 horas, celebrarase Pleno extraordinario co único punto da aprobación inicial do Orzamento do Concello de Vigo para o ano 2020.