A cidade recibiu no mes de febreiro un 27% máis de pernoctacións que no ano 2018, segundo o último informe turístico do INE. O alcalde resaltou que Vigo, “que está de moda”, achega o 51,67% das pernoctas da provincia.
O alcalde deu conta dos últimos datos do INE nos que Vigo experimenta en febreiro un crecemento récord en pernoctacións, cunha cifra de 51.449, o que supón un incremento dun 27% e dun 36,5% se falamos de turismo nacional. “Vigo está de moda”, avanzou o rexedor, afirmando que se constata que a cidade segue a desenvolver a “importantísima pata turística” da economía. O nivel de ocupación das fins de semana superou o 44% e Vigo achega o 41,3% dos visitantes e o 51,67% das pernoctacións da provincia. No ámbito galego, a cidade aporta case un 16% das pernoctas, o que supón superar a porcentaxe de poboación de Vigo na Comunidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.