Bouzas acolle a Vigo Bay Experience

Publicado por o día 18/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

Bouzas acolle a Vigo Bay Experience

Presentouse onte a terceira edición da Vigo Bay Experience de Láser Extremo, organizada polo Liceo Marítimo de Bouzas. Trátase dunha proba cun formato singular, baseado en mangas por substitucións e equipos de clubs, que terá lugar mañá.

A proba disputarase mañá na enseada de Bouzas, co campo da regata próximo aos pantaláns nos que se atopan as embarcacións tradicionais da Asociación San Miguel de Bouzas.

Destinada ás categorías Standard e Radial do Láser, a Vigo Bay Experience premiará aos mellores equipos de ambas. Para iso celebraranse dúas probas cunha duración estimada, cada unha delas, en dúas horas e media, sendo o primeiro Top ás 12:30 e o segundo ás 15:30, con substitucións sucesivas ata a súa consecución.

Os vencedores da última edición disputada en 2016 foron, en Standard o luso Serafim Gonsalves e o marinense de Aguete Rafa Campelo; en Radial Pedro Fernández e Pedro Salgado, do Club Marítimo de Canido; Rosario García e Irene Rodríguez, en Mulleres, tamén de Canido; e Rafael Martínez-Almeida e Jorge Pérez-Canle, do Real Club Náutico de Sanxenxo, en Máster.

Comentar noticia

Your email address will not be published.