Vigo botarase á rúa polo Día internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Publicado por o día 24/11/2020 na sección de Colectivos Feministas,Galicia,Protestas,Social,Vigo

Vigo botarase á rúa polo Día internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Feminismo Unitario de Vigo ven a animar a xente do común a sua participación na concentración polo 25 de novembro ‘Día internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller’, o feminismo unitario de Vigo integrado por unha vintena de organizacións feministas, así como un grande número de mulleres a nivel individual.

Dadas as circunstancias fan un considerable esforzo para garantir as medidas de prevención contra o coronavirus: instando a non acudir en caso de presentar calquera síntoma, recalcando a obrigatoriedade de levar máscaras e gardar a distancia de seguridade para garantir o coidado de todas as persoas que participen en dita concentración.

“Con estas medidas estamos seguras que podemos ocupar as rúas un ano máis para denunciar a outra gran pandemia que é o terrorismo machista, que cada ano ten decenas de vítimas mortais e incontables vítimas en xeral” manifiestan desde o Feminismo Unitario de Vigo.

Din que sera un evento especial, un evento sen bandeiras, nin faixas, cada muller levará o seu cartaz de casa para estar todas representadas. A concentración en Vigo comezará ás 20:00h na Rúa Colón.