Vigo celebra este sábado a “maior Papanoelada moteira da cidade”

O alcalde informou da previsión de asistencia de arredor de 3.000 motos a este evento solidario, no que se recollerán produtos para o Banco de Alimentos de Vigo, e que sae da rúa Venezuela o sábado ás 16,00 horas da tarde.
Publicado por o día 16/12/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Vigo celebra este sábado a “maior Papanoelada moteira da cidade”

Vigo acolle o próximo sábado unha nova edición da Papanoelada moteira que será “a maior da historia na cidade”, segundo apuntou Abel Caballero en rolda de prensa.

Será, dixo, unha “grande mobilización” que reunirá entre 2.000 e 3.000 motos con pilotos e copilotos ataviados co traxe de Papá Noel e na que se recollerán alimentos para o Banco de Alimentos de Vigo.

A concentración motorista partirá da rúa Venezuela o sábado 17 ás 16,00 horas da tarde e rematará en Navia, cunha recepción por parte do alcalde, durante o percorrido, na Porta do Sol, “facendo un grande motivo festivo” desta tradición, tal e como apuntou o rexedor.