Vigo celebra o Samaín con actividades na rúa para nenas e nenos

O goberno municipal programa para este xoves, 31 de agosto, obradoiros para os cativos a partir de 3 e 4 anos diante do MARCO e na peonil do Calvario. Amais, a rúa do Príncipe encherase de música con pasacalles e haberá un serán no Calvario.
Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo celebra o Samaín con actividades na rúa para nenas e nenos

O goberno municipal programa para este xoves, 31 de agosto, obradoiros para os cativos a partir de 3 e 4 anos diante do MARCO e na peonil do Calvario. Amais, a rúa do Príncipe encherase de música con pasacalles e haberá un serán no Calvario.

Co gallo do Samaín e coincidindo co Día do Ensino, o Concello organiza actividades para nenas e nenos en diferentes espazos da cidade este xoves, 31 de outubro.

Diante do MARCO, entre as 17 e as 20 horas da tarde, para nenas e nenos de 4 anos, haberá varios obradoiros: “O circuíto do terror”, que inclúe unha xincana con arañas ou morcegos, “O meu globo Samaín”, no que os participantes farán unha cabaza cun globo, “Samaín chef”, “Samaín attack”, onde cativos a partir de 3 anos aprenderán a facer arañas terroríficas, “O laboratorio Frankestein”, no que os científicos noveles, a partir de 5 anos, farán experimentos co Dr. Frankestein no seu laboratorio”.

As actividades no Calvario desenvólvense este xoves diante do Mercado, entre as 17:00 e as 20:00 horas con propostas de tatuaxes de terror, chapas de medio, debuxos terroríficos, tarxetas de Samaín, teas de araña, arañas doces e fantasmas de algodón, amais de maquillaxe de terror.

Tamén no Calvario, a partir das 19 horas e ata as 23:30 horas, desenvólvese o SERÁN SAMAÍN para involucrar aos máis pequenos da casa. Organizado pola Asociación folclórica e cultural O Fiadeiro, contarán con grupos destacados de música tradicional e actuacións de grupos espontáneos previa inscrición. Durante o evento repartirase chocolate quente.

E a rúa do Príncipe, á altura do MARCO, énchese de música co pasacalles “Espíritos do Samaín” de Barafunda Animación, que ofrecerá dous pases diarios: de 17 a 18 e de 18:45 a 19:45 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.