Vigo Ciclábel propón que Vigo se sume á Rede de Cidades pola Bicicleta

Publicado por o día 07/11/2020 na sección de Galicia,Vigo

Vigo Ciclábel propón que Vigo se sume á Rede de Cidades pola Bicicleta
Rede de Cidades pola Bicicleta é unha organización de ámbito estatal está composta por aquelas entidades públicas ou os seus entes instrumentais que promovan mediante un plan estratéxico, plans sectoriais, plans directores, similares ou liñas de actuación que favorezan, no marco da mobilidade sostible, a circulación en bicicleta na súa cidade ou territorio. A Rede de Cidades pola Bicicleta a integran cidades como Barcelona, Valencia, Santander, San Sebastián, Valladolid e tamén Deputacións Provinciais como a de Guipuzcoa ou a de Pontevedra.

Desde a Rede de Cidades pola Bicicleta propoñen unha mirada reflexiva a algunhas das actuacións feitas estes últimos meses, para contribuír á xeración duns criterios xerais que permitan orientar as actuacións en favor da bicicleta a curto e medio prazo, nun contexto aínda incerto de crise epidemiolóxica, e ás portas dunha década crave para o futuro da civilización humana no planeta Terra. A mobilidade en bicicleta xa era un dos principais eixos de transformación urbana da última década, nun contexto global de emerxencia climática e de crise de calidade do aire nas cidades. Pero o contexto de excepcionalidade vinculado á Covid-19  viu poñer patente a necesidade de recuperar o espazo público de rúas e prazas para as persoas, demostrando que Vigo se pode vivir de xeito máis saudable e seguro para a súa cidadanía mediante un maior incentivo a moverse camiñando e en bicicleta. Pero para isto fai falla maior infraestrutura, promoción e respecto destas formas de desprazamento fronte ao uso do coche particular.

Desde Vigo Ciclábel consideran que a redacción e a aprobación do Plan Director da Bicicleta de Vigo será un instrumento que permitirá planificar de xeito integral o impulso da bicicleta na cidade, creando unha rede ciclista segura que atinxa a toda a area urbana. Tamén permitirá dotar á bicicleta dun maior estatus e protagonismo como vehículo na cidade. Sen dúbida será unha ferramenta esencial para potenciar a mobilidade sostible e segura nun contexto de crise climática e social como a que estamos a vivir, que permitirá adaptar a cidade cara unha transición ecolóxica máis que necesaria en materia de mobilidade urbana. Por isto, tamén é fundamental basearse en experiencias previas e actuacións exitosas para a súa atinada articulación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.