Vigo colocará unha placa en memoria do accidente do río Órbigo

O vindeiro mércores 10 de abril, ás 16:30 horas o Concello descubrirá na entrada do edificio municipal unha placa en recordo das vítimas do tráxico accidente do río Órbigo, con motivo do 40 aniversario do suceso.
Publicado por o día 08/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo colocará unha placa en memoria do accidente do río Órbigo

O vindeiro mércores 10 de abril, ás 16:30 horas o Concello descubrirá na entrada do edificio municipal unha placa en recordo das vítimas do tráxico accidente do río Órbigo, con motivo do 40 aniversario do suceso.

“Queremos que sexa un acto de conmemoración, para transmitir a nosa dor, recordo e respecto” sinalou Abel Caballero. Ao mesmo asistirán profesores e profesoras do Colexio Vista Alegre, que lerán un texto para sumarse a esta homenaxe que tamén lles concirne.

O acto terá lugar de forma sincronizada coa ofrenda floral que o concello de Santa Cristina de la Polvorosa organizou no río Órbigo, á que acudiran os edís vigueses Olga Alonso e Ángel Rivas.