Vigo conta con 34.000 parcelas na rede de faixas secundarias dos montes

O Concello abre un prazo de 20 días hábiles de exposición pública do documento de delimitación da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa, cuxa responsabilidade de xestión é dos propietarios.
Publicado por o día 03/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo conta con 34.000 parcelas na rede de faixas secundarias dos montes

O Concello abre un prazo de 20 días hábiles de exposición pública do documento de delimitación da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa, cuxa responsabilidade de xestión é dos propietarios.

Abel Caballero informou este luns da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do documento de delimitación da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa do Concello de Vigo que queda sometido a exposición pública durante 20 días hábiles para que as persoas interesadas poidan formular alegacións ao mesmo.

Segundo apuntou Caballero, a rede de faixas secundarias son competencia municipal malia “non ter asignación orzamentaria por parte da Xunta de Galicia” e nelas é obrigatoria a xestión da biomasa forestal por parte de los propietarios, co obxectivo de evitar un eventual risco de incendio. “É unha senda na que non pode haber vexetación para controlar os incendios”, recalcou. O Concello suma 34.083 parcelas nesta rede secundaria, máis de 31.000 son rústicas e máis de 2.000 son urbanas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.