Vigo conta cun momumento que rende homenaxe aos seus deportistas olímpicos e paralímpicos

Abel Caballero inaugurou esta mañá unha obra do artista Álvaro de la Vega que rende homenaxe aos olímpicos e paralímpicos vigueses e, por estensión, aos afeccionados en xeral. Durante o acto, que contou coa actuación da Coral Casablanca, o alcalde insistiu en que “Vigo sempre quixo facer do deporte unha bandeira”.
Por o 13/10/2016 | Sección: Concello de Vigo,Deportes,Vigo
Vigo conta cun momumento que rende homenaxe aos seus deportistas olímpicos e paralímpicos

Vigo xa conta cun monumento que rende homenaxe aos seus mellores deportistas, situado na confluencia entre as rúas Rosalía de Castro e Miragaia. Trátase dun mural en pedra no que se gravaron os nomes de todos os vigueses que participaron nuns xogos olímpicos ou paralímicos. Concretamente, a inscripción reúne a 43 deportistas (34 homes e 9 mulleres), dos que 37 son olímpicos e 6 paralímpicos, nunha variedade de quince disciplinas que van desde o atletismo ao voleibol, pasando polo ciclismo, fútbol, remo, tenis ou triatlón.

Durante a súa intervención, Caballero explicou que “Vigo sempre quixo facer do deporte unha bandeira, unha cultura para vivila, practicala e disfrutala”. Respecto das competicións olímpicas, eloxiou os seus valores: competencia leal, mensaxes de paz, amizada, respecto das culturas de todos os países, convivencia…. Con este monumento, dixo, queremos render homenaxe a todos os que participaron nalgunha olimpiada e, sobre todo, “aos que o fixeron levando o nome de Vigo, gañando ou sen gañar”. Antes de rematar, augurou que en breve haberá que ampliar o muro “porque cada vez necestiaremos máis espazo para inscribir a máis deportistas”.

Na inauguración tamén participaron Conrado Durántez, presidente da Academia Olímpica Española e Carlos Pérez, atleta olímpico. A Coral Casablanca foi a responsable de interpretar o inmo olímpico.