Vigo contará con 16 novos murais urbanos o que elevará a 84 as obras de arte na rúa

Abel Caballero e Carmela Silva visitaron esta mañá o mural que a artista Lula Goce está a realizar diante do Mercado de As Travesas. Trátase dun dos 16 novos murais urbanos que o Concello ten en execución dentro do VI programa de Arte na rúa, dotado con 480.000 euros.
Publicado por o día 27/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo contará con 16 novos murais urbanos o que elevará a 84 as obras de arte na rúa

O alcalde deu conta esta mañá do avance do VI programa de Arte na rúa visitando a obra que está a realizar diante do Mercado de As Travesas a “pintora de ámbito mundial” Lula Goce. Na posterior rolda de prensa, explicou que o programa está dotado con 480.000 euros, dos que 100.000 son para actividades culturais e 30.000 para o mantemento de espazos artísticos, un aspecto que o Concello prevé reforzar nesta ocasión. Serán 16 novos murais que se realizarán nas seguintes rúas: San Roque, Aragón, Avenida Ramón Nieto, Cantabria, Avenida Guixar, Avenida Atlántida, Vilagarcía de Arousa, Ronda de Don Bosco, Venezuela, Avenida da Florida, República Arxentina, rúa Coruña, rúa Palencia, IES O Castro, rúa Regueiro e rúa Chao.

Con esta sexta edición, o Concello sumará xa 84 murais urbanos polo Vigo comeza a ser unha das grandes cidades de Europa con máis arte ao aire libre. Na súa intervención, puxo en valor a calidade artística de Lula Goce á que acompañarán nesta ocasión outros grandes do arte urbano como Tamara Paz; Expostas; Xena; Dúo Amazonas; Colectivo Liquado; Sabek; Yoseba Muruguzábal; Carola Carrot; Equipo Plástico; David de la Mano; Powone; Flix; Doa Ocampo; Dsineylexia e Darío Álvarez Basso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.