Vigo continúa á cabeza no pago a provedores cunha media de 12 días

O Concello abonou no terceiro trimestre do ano 1.729 operacións por importe de 38,2 millóns, cunha media de pago de 12 días. Deste xeito, Vigo, xunto con Alicante, volve encabezar á cabeza das cidades máis cumpridoras.
Publicado por o día 30/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo continúa á cabeza no pago a provedores cunha media de 12 días

O Concello abonou no terceiro trimestre do ano 1.729 operacións por importe de 38,2 millóns, cunha media de pago de 12 días. Deste xeito, Vigo, xunto con Alicante, volve encabezar á cabeza das cidades máis cumpridoras.

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, avanzou esta mañá no Pleno que Vigo pagou no terceiro trimestre 1.729 operacións por importe de 38,2 millóns, pagos aos que hai que engadir os realizados pola Xerencia de Urbanismo, pola Fundación MARCO e pola Vigo Convention Bureau. Deste xeito, a cidade segue a cabeza de rapidez no pago a provedores, cunha media de 12 días, moi por debaixo doutras cidades como Madrid, Barcelona ou Cádiz, e por diante de calquera outra urbe galega.

Respecto da execución orzamentaria ata o 30 de setembro, Aneiros destacou que esta data estaban pagados 158,7 millóns sobre 297 millóns polo que os ratios de execución son máis que axeitados

Comentar noticia

Your email address will not be published.