Vigo continúa as súas festas esta fin de semana cunha decena de actividades, San Roque e a Noite Branca

Esta fin de semana a cidade programa actuacións para público familiar e infantil, unha proposta cultural e musical en Villa Solita, concertos no Mar de Vigo e una celebración de San Roque sen a tradicional romaría polo Covid-19. Ademais, o Concello celebra este venres a Noite Branca nos museos.
Publicado por o día 14/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo continúa as súas festas esta fin de semana cunha decena de actividades, San Roque e a Noite Branca

Proseguen as festas da cidade en pequeno formato e adaptadas ao coronavirus, este venres con dous espectáculos para público familiar (Cé, orquesta pantasma e, despois, “Ummm, unha comedia para chuparse os dedos”) no torreiro de Coia desde as 19:30h. Á mesma hora, para os máis pequenos, “Regresar aos contos” e actuación posterior de O Bardo Abelardo en Teis, Xan nas Ondas e o pallaso Popín en Zamáns, e A saco circo show en Matamá, este último ás 20:30 horas.

A proposta municipal “Coñece Villa Solita” ofrece este venres ás 20:30 horas a súa segunda sesión, cun concerto de sitar de Miguel Fraile precedida de divulgación sobre a historia da finca sita en Alcabre. Tamén este venres, pero ás 20 horas, actúa Kiko Veneno na terraza do Auditorio Mar de Vigo, parte do Festival TerraCeo, que recibirá a Carlos Sadness este sábado e tamén o domingo á mesma hora.

A xornada do venres presenta como evento singular a celebración da Noite Branca. Os museos municipais da cidade abren ata as dúas da madrugada, con charlas, novas exposicións e ata sete concertos en diferentes espazos da cidade.

Vigo vive o domingo a tradicional celebración de San Roque, unha festa de tradición e devoción na cidade marcada este ano pola pandemia. Así, o día limitarase a unha cerimonia relixiosa ao aire libre ás 12 horas no Pazo de San Roque, nesta ocasión sen a habitual romaría aínda que con concertos de bandas de música na finca, ás 20:30 horas: Unión Musical de Valladares o sábado e o Ateneo Musical de Bembrive, o domingo.