Vigo Danza reúne este sábado a unha vintena de escolas de baile da cidade

O Auditorio Mar de Vigo acolle este sábado, 18 de maio (20:00 horas), a cita anual co evento Vigo Danza no que participan un total de 21 escolas de baile da cidade. A entrada é gratuíta e poden retirarse desde as 19 horas.
Por o 16/05/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Vigo Danza reúne este sábado a unha vintena de escolas de baile da cidade

A cita anual de Vigo coa danza chega este sábado (20:00 horas) a cidade. Será no Auditorio Mar de Vigo e contará coa participación de 21 escolas de baile e danza da urbe. A entrada é gratuíta mediante invitación que se poderá retirar na billeteira do propio Auditorio desde as 19 horas (máximo de dúas entradas por persoa).

As escolas participantes son: As Vagalumes Danzas do mundo, Escuela de Danza Miriam Pino, Media Punta, Club Deportivo Pasos – Baile Galicia, Conservatorio Coppelia, Escuela de Danza Pasiños, Escuela de Danza Esperanza Arrondo, Danza Academy, Escuela de Danza Essens, Escuela de Danza Inés Núñez, Centro de Danza Allegro, Escuela de Ballet Kiap, New Era, Escuela de Baile Bambalina, Danza Susana Castro, Itacas Escuela de Danza, Teressa Ngundi Dance Studio, Escuela de Flamenco María Rial, Ballerina Coliseum, Escuela de Baile Arte & Danza e Escuela de Baile Unidance.

Comentar noticia

Your email address will not be published.