Opinión por Vigo Denuncia | Vigo de Cerca

Comunicado Vigo Denuncia = Pleno Concello 5 Setembro
Por o 06/09/2018 | Sección: Opinión,Opinión por Vigo Denuncia
Opinión por Vigo Denuncia | Vigo de Cerca

Opinión por Vigo Denuncia

Invitamos a la mal llamada “oposición” a tomar en serio la representación democrática que ostenta: en lugar de sentarse para cacarear culpas ajenas y evitar responsabilidades (que determinará el poder judicial) debiera ejercer sus derechos ante el Consello de Contas de Galicia / Fiscalía para determinar si Abel Caballero está desviando fondos públicos para sostener los gastos de su programa de televisón o si se trata de una cortesía de Localia Vigo al mejor alcalde de España!.

Estamos cansados de las soluciones fantásticas que propone Abel Caballero desde su asalto al poder aprovechando el trampolín de la Autoridad Portuaria de Vigo (han pasado 14 años!).

Mientras tanto nos entretiene como showman dos veces por semana desde la televisión local con las reposiciones de su reality Vigo de Cerca.

Sobre el accidente O Marisquiño veremos los resultados después de 15 años de recursos y contrarecursos judiciales y cuando los abogados se hallan llenado los bolsillos quizás a nadie le importe quién ha sido el responsable de la negligencia. (Por algo Abel y Enrique son tan buenos amigos).

Resultan ridículas las peticiones de En Marea y BNG para crear una comisión de investigación sobre el accidente O Marisquiño en el Parlamento de Galicia (acaso ignoran quien dispone de la mayoría absoluta en el parlamento del Hórreo?).

Ahora Abel redobla su ambición de poder maniobrando un asalto a la Xunta de Galicia con un candidato de su misma talla (y familia) el Otro Caballero!.

La última orden del todopoderoso alcalde de Vigo consiste en poner a la Diputación de Pontevedra en línea de ataque contra Feijoo por el contencioso de las obras de la AP-9 que llevamos años padeciendo y pagando injustamente todos los gallegos!.

Esta autopista en cualquier país civilizado sería gratuíta y tendría un mantenimiento decente!.

Pero no vivimos en un país civilizado, la civilización implica pensar y razonar no seguir al primer turiferario que aparezca por la puerta! Para estos espabilados la democracia ha quedado reducida a “contar gente” (elecciones cada cuatro años y entre medias vivir del cuento!).

La democracia NO es “contar gente”, sino contar CON LA GENTE!.

Para falar de democracia (non de caudillismo!) o primeiro que deberamos recoñecer é que nin Vigo é Atenas nin Abel é Pericles!.

Como dicíamos no anterior comunicado ao Pleno do Concello baixo esa capa de grandielocuencia barata ocúltase o Cabalo de Calígula!.

Vigo de cerca é unha foto fixa, na que Abel recoñece que xa é un home maior (72 anos, parabéns!) que non precisa máis poder para el senon para algo que chama “Proxecto Vigo” (a ver se cola!).

Ese “proxecto Vigo” deberamos chamalo “caprichos de vello” e cicais así comezaríamos a recoñecernos nesta realidade que se oculta tras unha confusa nomenclatura: Vigo de cerca!.

Cada día Vigo está máis cercado, máis aillado do mundo, Chapela, Cangas, Mos, xa non son partes da nosa área metropolitana, agora son territorios hostís ameazados pola túa omnipotencia discriminatoria! (onde agochas o teu aparcamento gratuíto imaxinario do Álvaro Cunqueiro?).

Se ascendemos a delegado do goberno na Zona Franca a un tal David Regades (ata onte o rapaz dos recados) é porque así garantizamos que fará exactamente o que lle mande o Caudillo Abel (igual sucede coa descoñecida Carmela Silva ata que foi aupada polo Padriño para ocupar cargos executivos con tal de saír “guapa” nas fotos!).

A última vez que un tal Peñas pasou pola ZFV deixounos un adefesio chamado Centro Comercial A Laxe que nin é “centro” nin é “comercial” pero sí é unha laxe diante dos ollos tanto dos que veñen de fóra (cruceiristas) coma dos veciños do casco vello que agora van de terrazas á forza para ver o mar, entre pasarelas e azoteas impracticables!.

Ese mal chamado Centro Comercial agora vai ser o Centro da Ludopatía de Vigo grazas á concesión dun Casino que, con moito, terá unha morea de máquinas tragaperras e unha coctelería de luxo para que podan sacar fotos o día da inauguración os paniaguados do Concello! (Vaia éxito ten o gastro-mercado do Berbés!).

Lembramos as infografías lanzadas dende a Presidencia da Autoridade Portuaria, os xardíns de Babilonia eran pouca cousa para Beiramar, o proxecto Nouvell un soño no medio da Ría (pobre Ría de Vigo, se Martín Códax levantara a cabeza e vira como está o seu mirardor do Castro!).

Agora volvemos ao “urbanismo localista” imos ter outro muro paralelo a Camelias na Beiramar (Cordelerías Mar xa ten dono! Un mago das inversións inmobiliarias chamado Jove…) e as 9 alturas asinadas no Barrio do Cura agocharán as 10 ou 15 alturas do novo skayline da Beiramar de Vigo! (que listiño es, Abel, vas camiño de gañarlle a Portanet en urbanismo autoritario coa beizón do PP!).

E todo se fai ás agochadas da cidadanía coma o lugar onde vas chantar un tranvía que nada ten que ver cos que tiñamos na cidade, un tranvia de xoguete que imos aturar polo capricho dun home que non sabe nin delegar nin escoitar a ninguén!.

Ese é o problema, que Vigo, lonxe da Atenas de Pericles, estase a converter na Esparta de Caballero, onde pasamos o tempo cazando “escravos” para exercitarmonos na arte do combate imaxinario coas repúblicas veciñas (Chapela, Redondela, Mos, Cangas..).

Os 30 millóns agochados en Balaídos tamén deixan fóra ao Celta! Díxolle o sobriño ao tío, sempre andas decindo o ano que vén, e chega outro ano e pasa tamén… velaí o que lle queda que aturar ao teu sobriño, será Presidente da Xunta cando as gueivotas críen pelo!.

Pero Abel seguirá dicindo dende a súa plataforma televisiva que é un home maior e que non ten ambicións! Para ser un home maior fas ben o “indie” nos concertos de Castrelos!.

Agora que pasaron as festas virá o outono e logo o inverno!.

Outro inverno máis os acampados contra a pobreza paparán vento e frío mentres tí seguirás ben quentiño inaugurando “pinacotecas” no hall da túa alcaldía, (onde agochas o mural de Colmeiro rescatado do Gran Hotel?) mentres os museos de Vigo pechan as súas portas á Cultura!.

As “Disidencias” teñen un bo prezo no teu novo MARCO! (190 €). E aínda non sabemos o motivo polo que pechas o mirador da pinacoteca Del Riego (seica as vistas non son fermosas!).

Vintesete “homes e mulleres” sentades neste Pleno do Concello, todos por acción ou omisión sodes responsables da desfeita! (a ver se tamén vai ser culpa do Porto ou da Xunta!).

Cando chegue a hora de abrir a Caixa de Pandora veremos onde foi dar a túa débeda cero!.

VigoDenuncia

Nota Bene:

Se queredes ir redactando o Programa Electoral bastaría con revisar as 215 fotodenuncias e darlle solución en 4 anos ¿seríades capaces de comprometervos?.

Para solucionar o problema do colapso na ponte de Rande e mellorar a nosa pegada de carbono, bastaría com declarar nudista a praia do Vao! E aforrarlle 40 Kms aos naturistas…

Vai buscando un sistema civilizado para aparcar motos subvencionadas que enchen as túas beirarúas de granito (circulando por elas como se fosen pola estrada!).

Cada día é máis complicado transitar entre as terrazas custe cero (imposible pasear sen tropezar co teu espazo público-privatizado).

Suxerimos tomar nota e deixar de perder o tempo parolando en Hermes TV ! (Vigo de lonxe!).

Este comunicado foi remitido vía corre-e aos membros do Pleno do Concello de Vigo, o día 3 de setembro de 2018

Unha imaxe vale por mil palabras A democracia é cousa de tódolos días

2 Respuestas a "Opinión por Vigo Denuncia | Vigo de Cerca"

  1. Gamela   10/09/2018 at 23:14

    Veo que alguien pide PRUEBAS y quizás tenga razón, pues las pruebas estaban en hipervínculos dentro del texto, que por algún motivo de tipo informático se han perdido en la publicación… Pero que sus “señorías” han recibido correctamente en sus respectivos mensajes enviados al Pleno (y de los que jamás tenemos respuesta alguna!)

    Algunos entienden la democracia como algo PRIVATIVO de sus santos sillones, y no entienden todavía que existe el feed-back (o sea la respuesta oportuna a quiénes tenemos opiniones muy contrarias a sus devaneos mesiánicos!)

    Pero en Vigo eso de HABLAR (conversar) debe estar Demodè para los que viven de darle al dedito en las Redes Sociales sin mover un dedo por la gente que lleva UN AÑO Y SIETE MESES acampados delante del Concello !!!

    Qué pasa… que son invisibles para quienes se sientan en los Plenos ?

    Responder
  2. Gamela   10/09/2018 at 23:28

    Hipervínculos que se han eliminado del texto de este comunicado:

    Mientras tanto nos entretiene como showman dos veces por semana desde la televisión local con las reposiciones de su reality Vigo de Cerca

    Os 30 millóns agochados en Balaídos tamén deixan fóra ao Celta!

    Outro inverno máis os acampados contra a pobreza paparán vento e frío…

    Vai buscando un sistema civilizado para aparcar motos subvencionadas que enchen as túas beirarúas de granito…

    Cada día é máis complicado transitar entre as terrazas custe cero (imposible pasear sen tropezar co teu espazo público-privatizado)

    VigoDenuncia, seguimos onde sempre…

    https://www.flickr.com/groups/vigodenuncia/

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.