Vigo eleva un 8,5% as súas pernoctacións en agosto e volve superar o seu teito histórico

O alcalde trasladou este martes os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) correspondentes ao turismo en Vigo en agosto. A cidade rexistrou o pasado mes 122.657 pernoctacións, un 8,5% máis que en agosto do pasado ano, o mellor agosto desde que existen rexistros no INE.
Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo eleva un 8,5% as súas pernoctacións en agosto e volve superar o seu teito histórico

O alcalde trasladou este martes os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) correspondentes ao turismo en Vigo en agosto. A cidade rexistrou o pasado mes 122.657 pernoctacións, un 8,5% máis que en agosto do pasado ano, o mellor agosto desde que existen rexistros no INE.

En rolda de prensa, Abel Caballero informou dos datos turísticos do INE correspondentes ao pasado mes de agosto. Vigo elevou un 8,5% as súas pernoctas con respecto ao mesmo mes de 2018, superando as 122.000 noites. Especialmente significativo é o dato correspondente ao turista nacional, cuxas pernoctas subiron un 20%. O deste ano é o mellor mes de agosto desde que existen rexistros do Instituto Nacional de Estatística.

No acumulado do ano, engadiu o alcalde, a cidade de Vigo roza as 630.000 pernoctacións, un 12,3% máis que nos oito primeiros meses de 2018. Por último, o grao de ocupación por habitación elevouse en agosto un 11,5% con respecto ao mesmo mes do ano pasado, sendo de novo o mellor dato histórico rexistrado polo Instituto Nacional de Estatística