Vigo en Común exise desculpas a Carmela Silva por difamacións

Comunicado de Vigo en Común
Publicado por o día 10/04/2015 na sección de Política,Vigo en común

Vigo en Común exise desculpas a Carmela Silva por difamacións

Dende VIGO EN COMÚN esiximos a petición pública de desculpas por parte da Tenente de Alcalde,Carmela Silva,polas difamacións feitas contra a veciñanza do Barrio de Coia.Así mesmo,pedimos que sexa afastada das súas funcións públicas por tales feitos.

Cáusanos asombro e procupación as declaracións da sra.Silva chamando “NAZIS” e “marxinais” os veciños de Coia que sempre se manifestaron,pacificamente,en contra do gasto desproporcionado de case 1 millón de euros de fondos públicos na reforma dunha rotonda.

VIGO EN COMÚN cuestiona a capacidade da sra.Silva para desempeñar o seu cargo de representación dentro do Concello, o facer uso da súa posición para difamar a veciñanza desta cidade. Feitos, totalmente impropios dunha persoa que se dí “socialista” o mesmo tempo que emprega as desacalificacións e a policia local contra a cidadanía crítica coas decisións do goberno municipal.

Tamén cuestionámonos se a militancia do PSOE local comparte as declaracións e actuacións da súa representante no Concello.É por eso que solicitamos da mesma e do seu partido,que abran un expediente sancionador coa proposta de ser afastada do cargo de representación que ostenta.

VIGO EN COMÚN agarda as desculpas públicas da Tenente de Alcalde e sumarémonos a demanda,por difamacións,interposta pola veciñanza de Coia contra a sra.Silva.