Vigo en Común inicia, este luns, o calendario de reunións cos diferentes colectivos sociais, veciñais e sindicais da cidade de Vigo

Publicado por o día 16/02/2015 na sección de Política,Vigo en común

Vigo en Común inicia, este luns, o calendario de reunións cos diferentes colectivos sociais, veciñais e sindicais da cidade de Vigo
Estas reunións terán como obxecto presentar a iniciativa a cidadanía, recoller os avais e fomentar a participación da mesma na construcción do programa electoral coas propostas que se recollan nas diferentes  asambleas que se celebrarán en tódolos barrios de Vigo.
O mesmo tempo habilitaranse ferramentas para que, a traves da web de Vigo en Común,as persoas que non podan acudir as asambleas e a cidadanía en xeral achegue as suas propostas e consulte a evolución do programa en todo momento.
O remate do calendario de asambleas e finalizado o periodo de recollida de propostas,habilitarase un periodo de tempo para correxir e/ou enmendar o programa.
Unha vez finalizado este periodo,o programa de Vigo en Común será debatido e aprobado pola cidadanía nunha asamblea xeral a primeiros do mes de Marzo facéndose público dito programa.
O remate deste proceso,iniciarase o contacto cas diferentes organizacións políticas co fin de acadar acordos de confluencia para construir unha candidatura unitaria que agrome as forzas sociais e politicas da cidade co obxecto de reconquistar e recuperar o concello para a cidadanía.
PRENSA VIGO EN COMÚN