Vigo en Común, na súa asamblea aberta do pasado mércores, ven de aprobar o calendario e protocolo de primarias abertas

Publicado por o día 05/03/2015 na sección de Política,Vigo en común

Vigo en Común, na súa asamblea aberta do pasado mércores, ven de aprobar o calendario e protocolo de primarias abertas
Poderán candidatarse tódalas persoas que asinasen o Código Ético de Vigo en Común.O proceso de primarias iníciase o día 9 de Marzo e rematará o 19 de Marzo coa publicación da lista definitiva de candidatos/as coa que concorrerá Vigo en Común as vindeiras eleccións municipais de Maio 2015.
Tanto o protocolo de primariais como o calendario poden consultarse na web vigoencomun.org
Vigo en Común constituira,este sábado as 18:00h no Café de 4 a 4,o Grupo de Programa que sera o encargado de elaborar o borrador do mesmo coas diferentes propostas recollidas dos barrios de Vigo e doutros colectivos.
 
O mesmo tempo animamos a cidadanía a participar en Vigo en Común e facemos un chamamamento,tamén,a participación doutras forzas políticas da cidade co fin de construir unha fronte ampla que poña fin as actuais políticas antisociais que se están levando a adiante polo actual goberno municipal.
Especialmente facemos un chamamento a participación individual da militancia  de Podemos Vigo.Ainda que respetamos os seus procesos e as decisións acadadas estes días atrás,consideramos que a cidadanía non entendería a sua decisión de non concorrer as vindeiras municipiais logo das espectativas xeradas coa súa aparición.
 
Lembramos que,así como outras iniciativas xa pecharon os seus procesos de participación,Vigo en Común mantén abertos a participación na iniciativa, a elaboración do programa e a presentación de candidaturas as primarias.
PRENSA VIGO EN COMÚN