Vigo en defensa das pensións

Publicado por o día 19/11/2013 na sección de Vigo

Vigo en defensa das pensións

  O Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical participa o vindeiro xoves 21 de novembro na movilización conxunta co sindicalismo alternativo e de clase en Vigo.

  Rodeados de corrupción e impunidade, de xeito descarado, con luz e taquígrafos, a CLASE TRABALLADORA, estamos asistindo, como espectadores anestesiados, ao EXPOLIO de todo aquelo que os nosos devanceiros con sangre, sudor e lagrimas conseguirán ao longo da historia: Estabilidade, Dereitos laborais, e Dereitos fundamentais dos que nos dotamos e sostemos socialmente cos nosos impostos: Emprego, Sanidade, Ensino, Vivenda, Comunicacións, Transporte e movilidade, Cultura…

E non teñen dabondo!!!. Agora tamen queren disponer do noso dereito a un retiro digno.

  Os gobernos da dereita, PP-PSOE, primeiro subiron a edade de xubiliación aos 67 anos, e agora, lánzase a polas nosas pensións. Nomearon -ad hoc- un grupo de “expertos” que escribiron ao dictado os argumentos cos que pretenden xustificar as súas mentiras e o incumprimento das súas “promesas” electorais: Nos din que o sistema é insostible pero NON NOS ENGANAN.

  O sistema sostémolo nós, a clase traballadora. A mala xestión, e a corrupción xeralizada,son as que o fan insostible porque precisan manter as prebendas económicas para os seus, prebendas que a crise que eles mesmos xeraron lles puxo en cuestión. Non é crise, é unha estafa.

  Ante todo isto, dende o SF-Intersindical se niegan a ser complices da pasividade xeralizada que amosan os sindicatos maioritarios que para manter as súas estructuras participan do “pastel” entendendo o pacto como única vía de supervivencia ainda a costa de traicionar a clase que representan .

  Estamos, por, e co sindicalismo alternativo. Non hai máis saída que a acumulación de forzas con obxectivos claros na defensa dos intereses que son comúns a toda a clase traballadora.

  Ante o EXPOLIO e a ESCRAVITUDE a que pretenden someternos a clase traballadora de hoxe, e a de mañán, xa non valen os paños quentes, pactos ou concertos. Hai que plantarlles cara, ou eles ou nós, As rúas son o noso campo de batalla. Rúa arriba, rúa abaixo. Non queda outra.

Facemos un chamamento ao conxunto dos traballadores e traballadoras, persoas en paro, pensionistas, estudantes, colectivos de desafiuzados, inmigrantes, compoñentes de movementos sociais e asociativos para que o día 21 de novembro, xoves, ás 20:00h na praza de Fernando o Católico, en Vigo, participen para defender o que e noso, o que é de todos. Os ferroviarios e as ferroviarias, estaremos.

SALVEMOS AS PENSIONS. Sí se pode.