Vigo en Festas programa máis de 60 actuacións, con 30 concertos gratuítos, por toda a cidade

O alcalde de Vigo presentou este mércores a programación de Vigo en Festas 2018 e deixou a incógnita dunha actuación en Castrelos que anunciará nos vindeiros días. A cidade será escenario de 64 actividades, entre elas 30 concertos gratuítos, para celebrar unhas festas que Caballero definiu “como as mellores da historia de Vigo e de todas as cidades de Galicia”.
Por o 11/07/2018 | Sección: Concello de Vigo,Cultura,Eventos,Galicia,Vigo
Vigo en Festas programa máis de 60 actuacións, con 30 concertos gratuítos, por toda a cidade

“Son unhas festas fora de serie, excepcionais, únicas, estamos moi orgullosos porque son as mellores festas da historia da cidade, pero tamén as mellores que se fixeron nunca nunha cidade de Galicia e de España”. Abel Caballero valorou este mércores a programación de Vigo en Festas 2018 durante a presentación aos medios de comunicación.

O alcalde de Vigo destacou que este verán a cidade será escenario dun total de 64 actuacións, con máis de 30 concertos, un festival no centro da cidade (Festa da Cultura de Vigo), animacións infantís en todos os barrios, catro espectáculos para nenos en Castrelos, tres festas gastronómicas (Sardiña, Polbo e Mexilón) e o festival Folclórico Internacional polas parroquias (17 a 22 de xullo).

Na rolda de prensa na que tamén estivo presente a concelleira de Festas, Ana Laura Iglesias, o rexedor fixo especial mención no carácter gratuíto das actividades programadas. “O 95% da xente pode ir gratis e os que pagan son cantidades simbólicas, non queremos concertos de pago”, sinalou.

Ademais, Caballero deixou a incógnita sobre o décimo concerto que vaise a celebrar no Auditorio de Castrelos este verán e unicamente anunciou que será o 5 de agosto ás 23:00 horas. “Mañá o anunciaremos”, asegurou.

O que si avanzou foi outra actuación para o público infantil. Será o 6 de agosto cando celébrese o espectáculo “Xuŕasico, a Illa Perdida” no Auditorio de Castrelos (20:00 horas). Xa estaban anunciadas o 3 de agosto (20:00 horas) a actuación “Rock en Familia”, con tres bandas tributo de Bon Jovi (co grupo Arma Joven), Ramones (Ramoñas) e Bruce Springsteen (Bruce Brothers). O día 7 de agosto (20:00 horas) será o momento para o teatro musical con “Los Mundos de Peppa Pig y Ben&Holly”, unha actuación con persoaxes que interpretan cancións e coreografías orixinais, e “Cantajuegos” será o sábado 4 de agosto (20:00 horas) co seu novo espectáculo “Yo tengo derecho a jugar” – Tour 2018″.

Segundo recordou o alcalde, Little Steven abrirá os concertos este xoves 12 de xullo, seguido por Serrat o 21, Maná o 23, Dorian e Zoe o 27 de xullo e agora tamén a Coral Casablaca o 28 do nomeado mes. Xullo conclúe co espectáculo de Morat o día 31. Para agosto, o Concello ten pechada a presenza de Raphael o día 2 e de Juanes o día 8, ademais da actuación exclusiva para Vigo de cinco representantes de OT, Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi, o día 10 de agosto.

Programación:

Descargar (PDF, 42KB)

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.