Vigo envía á final de De Tapas por Galicia a Gerson Iglesias e Carlos Iglesias (Ruxe Ruxe)

Os gañadores dos concursos de peticos das sete cidades galegas competirán o 4 de xullo nunha Gala Show Cooking organizada por Turismo de Galicia na Cidade da Cultura
Por o 25/06/2016 | Sección: Alimentación,Vigo
Vigo envía á final de De Tapas por Galicia a Gerson  Iglesias e Carlos Iglesias (Ruxe Ruxe)

Gerson Iglesias e Carlos Barreira, do restaurante Ruxe Ruxe, representarán á cidade de Vigo na final do certame De Tapas por Galicia, que se celebrará o luns 4 de xullo na Cidade da Cultura, en Compostela. Os dous chefs, gañadores do concurso Petisquiño na súa cidade, propoñen un prato orixinal e informal baseado no tradicional polbo galego.

Organizado por Turismo de Galicia, De Tapas por Galicia busca promover o turismo urbano e gastronómico aproveitando a puxanza dos cociñeiros galegos, e especialmente a súa creatividade á hora de idear este tipo de pratos de pequeno formato.

Iglesias e Barreira presentarán un ‘Pepito’ de polbo en pan rústico con allada texturizada, un pequeno bocadillo feito con polbo de Ons, pan especiado con cinco algas diferentes, unha emulsión de pemento texturizado, algas wakame, brotes ecolóxicos, cebola acaramelada doce e un pisto de verduras. Formados os dous na escola de hostalería de Vilamarín, Iglesias pasou por varios restaurantes en Ourense e Vigo, mentres que Barreira se formou con Arzak, Berasategui ou Arguiñano.

O EVENTO

A final do certame De Tapas por Galicia reunirá na Cidade da Cultura a sete chefs galardoados nos concursos das súas respectivas cidades. Durante o evento entragaranse un premio por parte dun xurado formado por profesionais da gastronomía e a restauración; e polo público asistente.

Ademáis de Iglesias de Barreira concorren ao certame Luis Peral (Oido Cocina, A Coruña); Sergio Orge e Rubén González (Cafetín, Pontevedra); Pablo Fuentes e Alberto Rodríguez (Bodega de Estrella, Ferrol); Siro González (Restaurante Siro, Santiago); Cristina Dias (Porta da Pía, Ourense); e Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo).

Noticias de última hora en Vigo