Vigo esixe á Xunta que abra o Punto de Encontro Familiar durante os 365 días do ano

A Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores por unanimidade a moción socialista esixindo á Consellería de Política Social que cambie as condicións de contratación do servizo de xestión do Punto de Encontro para que todas as familias poidan ser atendidas durante todo o ano.
Publicado por o día 05/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo esixe á Xunta que abra o Punto de Encontro Familiar durante os 365 días do ano

O Pleno Municipal aprobou este mércores unha moción do grupo socialista para reclamar á Xunta que manteña aberto o Punto de Encontro Familiar durante os 365 días do ano. A proposta saíu adiante cos votos favorables dos tres grupos municipais.

A concelleira socialista Uxía Blanco sinalou que a o peche das instalacións dependentes da Xunta de Galicia “está a causar un problema grave” a un número importante de menores e aproximadamente a 200 familias debido “a absoluta imprevisión da Xunta”.

Segundo explicou, o Punto de Encontro Familiar é utilizado por “parellas separadas, polo que ten unha grande importancia, non é unha cuestión secundaria na atención a menores”. O edil incidiu en que non pode entender o peche do lugar a causa das vacacións dos traballadores, posto que non é unha causa excepcional.

Pola súa banda, desde Marea de Vigo a concelleira Margarida López Barreiro sinalou que o problema segue existindo e que o seu partido xa presentou una proposición non de lei no Parlamento de Galicia. No caso do PP, a concelleira Elena González estivo de acordo en solicitar a apertura todo o ano, pero asegurou que “tamén faltan traballadoras sociais” na época do verán.