Vigo foi a cidade de España co mellor alumeado de Nadal, segundo os comerciantes

O alcalde amosa a súa satisfacción co incremento do números de visitantes, un 31% respecto a 2015, e de ocupación hoteleira, do 100% nos primeiros días do ano. A Federación de Comercio de Pontevedra entregará ao Concello a súa medalla de ouro
Por o 12/01/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Vigo foi a cidade de España co mellor alumeado de Nadal, segundo os comerciantes

Vigo foi designada polos comerciantes como a cidade española coa mellor iluminación de Nadal e recibirá a medalla de ouro da Federación de Comercio de Pontevedra. Así o anunciou este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras avanzar os datos do impacto económico que tivo o alumeado instalado desde finais de novembro ata a primeira semana de xaneiro.

“Estamos moi satisfeitos porque o que todos detectábamos na cidade, cun aumento notable de visitantes nas nosas rúas, o ratifican agora os comerciantes”, apuntou o rexedor. A Oficina de Turismo do Concello de Vigo constatou durante o Nadal un incremento do 19,5% de visitantes respecto a 2016 y un 31,6% sobre 2015, datos que Caballero cualificou coma “resultado dunha estratexia turística excepcional”.

Os resultados tamén indican que a ocupación hoteleira durante o Nadal foi do 81 por cento, mentres que na ponte da Constitución chegou ao 75% e durante os días 5, 6 e 7 de xaneiro, datas na que se celebrou o Campionato de España de Balonmán patrocinado polo Concello de Vigo, alcanzouse o 100%.

“Estamos nunha etapa turística excepcional, o atractivo do Nadal foron as luces, pero no conxunto do ano foron as Cíes Patrimonio da Humanidade, o ano foi excepcional”, insistiu Caballero. Ademais, o alcalde valorou que a Federación do Comercio Pontevedra decidira entregar ao Concello a medalla de ouro.

Os datos da Federación apuntan a que a satisfacción dos comerciantes polo alumeado de Nadal foi do 99,9% e que a facturación no comercio estivo un 12% por riba das previsións. Así mesmo, o rexedor indicou que o número de visitantes ao Belén da Casa das Artes foi de 42.992 persoas.

Aeroporto de Peinador

Na mesma rolda de prensa do alcalde apuntou que “estamos satisfeitos de que as cousas vaian ben” e mencionou os datos do aeroporto. “Peinador está en plena recuperación, agora o obxectivo é manter os resultados e a partir de aí acadar o crecemento”, sinalou.

Segundo os datos de Aena, un total de 1.065.595 pasaxeiros (+11,7%) pasaron por Peinador en 2017, o que supón o mellor dato anual desde 2011. O pasado mes de decembro foron un total de 71.802 persoas, mellor balance desde 2010.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.