Vigo garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do 11-M

A convocatoria no Concello parte da Federación Española de Municipios e Provincias, presidida por Abel Caballero. En declaracións aos medios, o alcalde vigués indicou que este acto, en recordo dos case que 200 falecidos no atentado de Madrid de hai quince anos, se estende ás vítimas do terrorismo en xeral.
Publicado por o día 11/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do 11-M

“Todos e todas temos gravado na nosa memoria o 11 de marzo de hai quince anos”, sinalou Caballero, que este luns presidiu o minuto de silencio convocado polo Concello na Praza do Rei, a proposta da FEMP.

En declaracións posteriores, o alcalde explicou que o 11 de marzo é tamén o Día Europeo das Vítimas do Terrorismo, polo que a concentración de hoxe rende homenaxe aos case que 200 falecidos nos atentados de Madrid e a todas as vítimas do terrorismo en xeral. Desde o municipalismo, engadiu Caballero, “queremos estar coas vítimas do terrorismo e coas súas familias”.

O minuto de silencio tivo lugar ante a Casa Consistorial, coa participación do goberno de Vigo e a Corporación Municipal, roto polos aplausos dos asistentes. Previamente, o alcalde deu lectura ao seguinte manifesto:

“Hoxe día 11 de marzo cumpriranse 15 anos desde aquel fatídico día no que a barbarie e o despropósito terrorista acabaron coa vida de 193 persoas en Madrid, deixando un indeleble rastro de dor nunha cidade e nun país enteiro. Un acto criminal condenado por instancias de todo o mundo, ás que a FEMP e o movemento municipalista sumáronse cun compromiso xa manifestado antes daquel día e reafirmado desde entón, ante manifestacións terroristas de calquera natureza.

Agora, neste décimo quinto aniversario, por esas vítimas, por todas as que o foron antes e por todas as que viñeron despois, os Gobernos Locais españois manifestamos de novo ese compromiso tal e como tantas veces fixémolo: con esta convocatoria dun simbólico minuto de silencio hoxe 11 de marzo, ás portas dos Concellos, ante as Casas Consistoriais, nas prazas, un silencio simbólico cos cidadáns e cidadás.

O 11 de marzo é o Día Europeo das Vítimas do Terrorismo, un momento para honrar a memoria dos que xa non están, para manter vivo o seu recordo e para recoñecer que a democracia e o seu defensa son os únicos camiños cara á liberdade e os dereitos das persoas. Este minuto de silencio de hoxe, ou calquera acto de homenaxe conmemoran todo o contido desta xornada serán a manifestación máis clara de que os Gobernos Locais, os que están a pé de rúa coa cidadanía, dicimos NON a calquera tipo de violencia terrorista”.