Vigo inicia a instalación dos arcos do alumeado de Nadal e colocará un reloxo coa conta atrás

O alcalde de Vigo informou de que este luns comezou a instalación dos arcos de luces do Nadal pola rúa Aragón e desde aí irán colocándose en toda a cidade un total de 2.500 arcos. Ademais, avanzou que o Concello porá na Porta do Sol un reloxo coa conta atrás para o acendido.
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo inicia a instalación dos arcos do alumeado de Nadal e colocará un reloxo coa conta atrás

O alcalde de Vigo informou de que este luns comezou a instalación dos arcos de luces do Nadal pola rúa Aragón e desde aí irán colocándose en toda a cidade un total de 2.500 arcos. Ademais, avanzou que o Concello porá na Porta do Sol un reloxo coa conta atrás para o acendido.

A empresa adxudicataria Ximénez comezou este luns a instalación dos arcos de luces do alumeado de Nadal. A colocación iniciouse pola rúa Aragón, preto da fonte, e continuará en vindeiros días ata chegar a toda a cidade. Ademais, a Porta do Sol terá un reloxo coa conta atrás para o día do acendido, o vindeiro 23 de novembro.

O alcalde, Abel Caballero, sinalou en rolda de prensa que se instalarán 10 millóns de luces LED e 2.700 arcos (2.500), haberá luces en 334 rúas (307) e 475 árbores (415). Tamén estará o árbore xigante de Nadal, o moneco de neve, a caixa máxica de regalo, a bola de Nada e unha gran noria de máis de 60 metros.

Poboado de Nadal, tres mercadiños (rúa Londres, Calvario e Alameda), pista de xeo e rampla de neve son outros dos atractivos que ofrecerá a cidade. O alcalde invitou de novo a toda España a viaxar a Vigo para desfrutar do Nadal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.