Vigo inicia o programa de edificación forzosa de soares abandonados

O alcalde adiantou que a medida, que afectará ao Casco Vello, a zona histórica de Bouzas e o Ensanche, será aprobada este venres pola Xerencia de Urbanismo co fin de eliminar as parcelas “abandonadas e en pésimo estado do centro da cidade”.
Publicado por o día 30/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo inicia o programa de edificación forzosa de soares abandonados

Abel Caballero sinalou que a cidade “pasa á acción” co inicio do procedemento para aprobar este venres o primeiro programa de edificación forzosa de Vigo que supoñerá a inscrición das parcelas abandonadas no rexistro de soares co obxectivo de que poidan ser expropiados e postos no mercado.

O rexedor explicou que haberá tres áreas prioritarias: o Casco Vello, a zona histórica de Bouzas e todo o Ensanche onde “non imos deixar que permanezan soares sen edificar indefinidamente” e mencionou, como exemplo, a rúa do Príncipe onde se poden ver varios exemplos de abandono. “Hai que edificar”, recalcou, “non imos tolerar soares abandonados e en pésimo estado no centro da cidade; hai que cumprir coa responsabilidade social”, emprazando a particulares e empresas a que “tomen nota” porque “a advertencia é seria”.