Vigo insta á Xunta a decretar a gratuidade do párking do Cunqueiro e a ceder unha parcela ao Concello para construír outro aparcamento

O edil Carlos López Font defendeu a necesidade de prazas de aparcamento de balde e a petición de cesión da parcela para outro parking municipal similar ao xa existente.
Publicado por o día 30/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo insta á Xunta a decretar a gratuidade do párking do Cunqueiro e a ceder unha parcela ao Concello para construír outro aparcamento

O Pleno Municipal aprobou este mércores a moción do grupo socialista, co apoio dos concelleiros do grupo mixto e non adscrito, e a abstención do PP, na que insta á Xunta de Galicia á cesión da Parcela 5 do Proxecto Sectorial do Hospital Álvaro Cunqueiro para que o Concello proceda á construción dun novo aparcadoiro municipal gratuíto. Carlos López Font expuxo que o Concello construíu o aparcadoiro de 400 prazas gratuítas dadas as reiteradas negativas da Xunta de Galicia a dispoñer para a cidadanía as 2.000 prazas do aparcamento de pago.

Comentar noticia

Your email address will not be published.