Vigo insta á Xunta a dedicar o investimento dos carteis de “hospital público” a un parking gratuíto

O Pleno Municipal do Concello de Vigo aprobou unha moción do PSOE na que se solicita á Consellería de Sanidade a deixar sen efecto o contrato para colocar letreiros nos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro. Ademais, tamén saíu adiante unha petición á Xunta para que limpe a conca do río Lagares.
Publicado por o día 28/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo insta á Xunta a dedicar o investimento dos carteis de “hospital público” a un parking gratuíto

A Corporación de Vigo deu o visto bo hoxe mércores á proposta do grupo municipal do PSdeG-PSOE para que a Xunta de Galicia deixe sen efecto o contrato de compra de dez letreiros para os centros médicos galegos, entre eles o Álvaro Cunqueiro e o Meixoeiro, coa lenda “Hospital Público”.

A moción, aprobada cos votos de PSOE e Marea (o PP votou en contra), insta á Consellería de Sanidade a destinar o importe previsto aos rótulos (uns 600.000 euros) á construción dun aparcadoiro público gratuíto nas parcelas que o complexo Álvaro Cunqueiro dispón no recinto e que non son usadas.

O voceiro do grupo municipal socialista, Carlos López Font, insistiu en que dito novo parking teñas as mesmas condicións que o construído polo Concello de Vigo nunha parcela anexa ao Álvaro Cunqueiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.