Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con representantes da empresa Vodafone que lle propuxeron á cidade liderar un proxecto de tecnoloxía 5G que permite a comunicación, non soamente entre as persoas, senón tamén cos obxectos, o que supón “a modernidade absoluta nos sistemas móbiles de comunicación”.
“Trátase dunha tecnoloxía punta no planeta para levar adiante un proxecto excepcional que é o coche autónomo” a través do 5G. Un proxecto ao que Vigo se incorpora, segundo sinalou o rexedor, liderando “unha parte importante do mesmo porque sabemos da importancia da automoción en Vigo e no mundo”, intentando ser unha das cidades piloto na implantación do 5G”.
Noticias de última hora en Vigo