Vigo mañá. Escape Room de balde

Publicado por o día 28/09/2018 na sección de Galicia,Vigo

Vigo mañá. Escape Room de balde

A enerxética EDP chega a Vigo, a cuarta parada do circuíto co que percorrerá 57 cidades por todo o país. Mañá sábado 29 e domingo 30 de setembro, de 11:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00, a casa de Escape de EDP abre as súas portas na cidade olívica a todos os públicos de maneira gratuíta.

Trátase dunha experiencia única na que os asistentes terán que escapar da casa, a través de diferentes enigmas e probas.

A participación en grupo no Escape Room é clave e as sesións realizaranse en grupos de entre 2 e 6 persoas. Para vivir a experiencia, os vigueses só terán que acudir á casa de escape, que estará situada na Porta do Sol. Tamén poden informarse en www.imaginatuenergia.es e nas redes sociais de EDP (Twitter e Facebook).

A experiencia coincide co lanzamento da segunda onda da campaña de EDP, “Herdanzas”, na que a enerxética convida as persoas a “elixir a enerxía que queren ser”. Segundo un estudo deste ano, o 52% dos españois non elixiu a compañía enerxética que ten contratada na súa casa ou empresa. “Herdan” os seus contratos enerxéticos por diferentes motivos: por tradición, porque era a única empresa que existía na zona ou porque xa estaba contratada na vivenda cando a compraron ou alugaron.

Os visitantes que se fagan clientes da compañía co novo produto “Máximo Aforro 24 h” terán o primeiro mes de consumo de luz gratis.
Gijon. 07/08/2018. Estand de EdP en la Feria Internacional de Muestras de Asturias.
Foto: Daniel Mora.