Vigo mantén o liderado de cidades que mellor pagan a provedores con 14 días por factura

O Concello de Vigo liderou de novo o ranking de cidades españolas en pago aos provedores ao cumprir no terceiro trimestre as súas obrigas de abono de facturas en un prazo de catorce días. O alcalde destacou a débeda cero e a estabilidade financeira.
Publicado por o día 20/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo mantén o liderado de cidades que mellor pagan a provedores con 14 días por factura

Abel Caballero destacou este martes durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación que Vigo mantén o liderado entre as cidades que mellor pagan aos seus provedores. Así, o alcalde indicou que no terceiro trimestre do ano o prazo situouse en catorce días.

“O Ministerio de Facenda exixe medidas de axuste do gasto a 74 concellos galegos que incumpren as normas da Lei de Estabilidade Orzamentaria de 2012, mentres que Vigo cumpre o teito de gasto e estamos á cabeza das grandes cidades de España en pago a provedores”, dixo o alcalde.

O rexedor destacou que o prazo de pago en Vigo está en 14 días, mentres que na Coruña é de 54 días, en Santiago chega ata os 81 días e en Ourense é de 112 días.