Vigo marca un novo récord de ocupación hoteleira durante o mes de agosto

O alcalde de Vigo ofreceu este venres os datos de afluencia turística rexistrados o mes de agosto, cando a cidade bateu un novo récord de ocupación hoteleira cun 88,54 por ciento. “É un gran ano e un gran mes de agosto, batendo récords, o mellor resultado da historia turística da cidade en un mes tan importante, a nosa vocación turística estase a afianzar”, sinalou.
Publicado por o día 06/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo marca un novo récord de ocupación hoteleira durante o mes de agosto

O alcalde de Vigo ofreceu este venres os datos de afluencia turística rexistrados o mes de agosto, cando a cidade bateu un novo récord de ocupación hoteleira cun 88,54 por ciento. “É un gran ano e un gran mes de agosto, batendo récords, o mellor resultado da historia turística da cidade en un mes tan importante, a nosa vocación turística estase a afianzar”, sinalou.

“É un gran ano e un gran mes de agosto, batendo récords, o mellor resultado da historia turística da cidade en un mes tan importante como é agosto, a nosa vocación turística estase a afianzar e prepárense porque o Nadal vai a ser extraordinario”.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa dos últimos datos de ocupación hoteleira rexistrados na cidade. Segundo informou, as cifras apuntan a que houbo unha ocupación do 88,54 por cento e unha estancia media de 2,81 días por visitante, o que supón (a falta da confirmación oficial cos datos do INE) a mellor marca desde que hai rexistros.

A ocupación este ano en agosto supera en doce puntos porcentuais aos do ano pasado, cando a ocupación foi do 76,90%. Nos mes de agosto anteriores a ocupación foi do 78,89% (2017), 83,20% (2016) e 76,33% (2015). A estancia media en Vigo tamén aumentou considerablemente, posto que en 2018 foi de 2,22 días, mentres que en 2017 foi de 2,18 días, en 2016 de 2,34 días y en 2015 de 2,48 días.

A procedencia dos turistas en agosto repartiuse entre visitas de Galicia con un 11,26%; resto de España con el 67.36% e internacionais con el 21,37%. Dos estranxeiros procederon de Portugal o 38,83%, de Italia o 13,35%, de Francia o 8,22%, de Alemaña o 6,22%, de Inglaterra o 3,82%, de Irlanda o 2,02% e de outros lugares o 27,48%.