Vigo opta porque sexa a Xunta a que execute a obra do transvase da auga ao ser unha competencia autonómica

O alcalde reiterou esta mañá o seu compromiso de financiar a obra do transvase de auga desde o Verdugo ata a presa de Eiras, unha vez comunicada á Xunta a súa decisión de que sexa a administración autonómica a que execute os traballos. Na rolda de prensa, tamén avanzou que o Concello xa traballa noutras opcións de emerxencia como o transporte de auga en barcos.
Publicado por o día 30/11/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Medio Ambiente,Vigo

Vigo opta porque sexa a Xunta a que execute a obra do transvase da auga ao ser unha competencia autonómica

O alcalde de Vigo entende que é a Xunta a que debe encargarse da obra de transvase de auga desde o Verdugo, mentres que o Concello financiará o que esta administración determine, explicou o rexedor. Unha vez máis, Caballero amosou o seu compromiso co finanzamento desta obra, ofreceu toda a cooperación do Concello “xa que só pedimos legalidade e celeridade”. O goberno local envioulle á administración autonómica a súa proposta de borrador de convenio con emendas técnicas de mellora de referencias lexislativas.

O alcalde reiterou que a pesar de que a Xunta cos correspondentes certificados desde o pasado venres 24 de novembro, a Xunta segue sen decretar o caudal ecolóxico, polo que se seguen a tirar 3/4 do consumo da cidade. A este respecto, destacou que se a Xunta decretara este caudal cando llo reclamou o Concello, nestes momentos habería auga para un mes máis.

En rolda de prensa, Caballero avanzou que, tal e como el mesmo prantexou nas reunións coa Xunta, o Concello xa traballa noutras opcións de emerxencia como é o transporte de auga en barcos, aínda que non hai garantías de que esta opción sexa viable debido ás súas dificultades técnicas. O goberno local está en contacto coa empresa que realiza o transporte de auga a Ceuta e Melilla. Segundo estas negociacións e dada a situación de seca que está a vivir toda España, a posibilidade sería traer auga desde Burdeos. Segundo detallou, Vigo precisa 90.000 m3 ao día, os barcos teñen unha capacidade que oscila entre as 35.000 e as 100.000 toneladas, o que supón que con tres barcos de 100.000 m3 poderíamos facer o transporte nun tempo de viaxe de entre un día e medio e dous días. A auga viría prepotabilizada co que o tratamento sería máis rápido e podería distribuírse de xeito inmediato. En todo caso, abundou, o prezo deste servizo sería moi elevado e requiriría un contrato de tres meses.