Vigo perderá outro dos seus murais máis emblemáticos

Vigo perderá outro dos seus murais máis emblemáticos, así dá a alarma o pintora e artista dun dos mais emblemáticos murais, estamos a falar do mural da curva de San Gregorio en Tomas Alonso
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

Vigo perderá outro dos seus murais máis emblemáticos

Vigo perderá outro dos seus murais máis emblemáticos, así dá a alarma a pintora e artista dun dos mais emblemáticos murais, estamos a falar do mural da curva de San Gregorio en Tomas Alonso.

NoticiasVigo.es ten constancia e lembra que o primeiro dos murais realizados en Vigo foi a reprodución da obra “Fiestra” de Urbano Lugrís realizado en lona onde se atopa na actualidade o Edificio Stella na rúa do Príncipe de Vigo, este mural foi o inicio do programa de medianeiras do concello de Vigo.

A promotora Faneca Brava SL adquirio o solar situado apenas 50 metros do sireno, solar número 4 onde se atopaba o Edificio Stella que foi demolido en 2013 no oco en ruínas na fachada do edificio da lado é onde se colocou a reprodución da obra “Fiestra” de Urbano Lugrís, isto no 2014.

O motivo de elixir esta obra do artista coruñés é para render homenaxe a Lugrís, moi vinculado a Vigo despois foi cumprísense 40 anos desde o seu falecemento, naquel entón o alcalde na súa intervención ante os medios de comunicación afirmou que ten un custo de algo máis de 20.000 euros e anunciou tamén 150 medianeiras ao longo de todo o termo municipal.

Naquel entón o Concello anuncio que dedicará unha partida de preto de medio millón de euros no orzamento do 2015, dixo Caballero, o obxectivo é converter este tipo de actuacións nun atractivo turístico máis para o que se están fixando en cidades como Lyon, Berlín, Barcelona ou Buenos Aires, “que é onde estamos a tomar a nosa inspiración para a cidade” . “Queremos facer un roteiro cultural para que a pintura mural sexa unha das expresións de arte da cidade”, remarcou.

A reprodución da obra “Fiestra” de Urbano Lugrís
A obra da artista Elisa González

O caso mais recente do cal temos constancia foi en Vía Norte número 7, a obra da artista Elisa González, desaparece tras a construción dun edificio novamente.

A creadora, doutorada en Belas Artes pola Complutense, levou un desgusto cando o soubo porque ademais foi para ela un traballo especial. A creadora, que reside en Madrid, traballou no Raíña Sofía e expuxo no Thyssen, padece fibrose quística, unha grave enfermidade respiratoria. «Foi o maior logro de superación que fixen», lembraba cando se decatou sobre aquela obra que executou no verán do 2015.

No seu lugar Promocións Pérez Paz S.L. esta na a construción dun inmoble que poñerá doce vivendas no mercado cos seus respectivos garaxes e adegas e cuxo orzamento de execución estímase en 1.000.050 euros. O proxecto básico data de xuño de 2016 e foi reformado o pasado mes de outubro, logrando informe técnico favorable o 5 de decembro. Completados todos os trámites e incorporado ao expediente o proxecto de execución do arquitecto Leopoldo Salceda Alvite.

A leira ten acceso por Canadelo Alto e Vía Norte, en cuxa fachada ocupa os números 3 e 5. O proxecto prevé que o inmoble teña 18 metros de altura na súa fachada principal cara a Vía Norte, onde a promotora tivo que axustar os terreos de aliñación para ceder 10 m2 e outros 6,60 na traseira que dá a Canadelo Alto.

O pasado día 27 a artista Lula Goce na súa páxina de fans de facebook manifestou, “hoxe no día mundial do medioambiente quero contarvos unha historia”.

“Este mural pintouse na cidade de Vigo, nun intento de conciliar unha necesidade dos veciños, que querían mostrar a súa necesidade dunha zona verde neste solar, que permaneceu abatido durante moitos anos. E doutra banda o concello que aceptaba a petición e financiaba a creación do mural. O mural converteuse nunha icona da cidade, polo feísmo que o rodeaba, e por ese granito de esperanza que plantaba nos corazóns.

Hoxe decateime de que este mural desaparecerá nos próximos meses.

O lobby inmobiliario reactivouse na cidade de Vigo e este mural, icona do barrio, vai terminar sepulto por un edificio enorme.

O que sinto con isto é pena, non porque se tape, se non porque se tapa cunha mole de formigón e granito.

Frustración, por todos aqueles veciños que puxeron a súa esperanza dunha zona verde para os seus fillos e para si mesmos e hoxe pasan por encima das súas necesidades vitais de respirar natureza en metade da urbe.

Necesitamos compromiso. Necesitamos o planeta, as árbores, os mares e o resto de animais que o habitan. Necesitamos a natureza, somos parte dela e se non a coidamos estamos a descoidarnos a nós mesmos.

Isto queren facer neste lugar. Un sitio perfecto para un xardín con miradoiro para gozar da cidade, tal e como agora mesmo fano miles de peregrinos que nos visitan cada ano. Compartan e difundan. Que todo Vigo decátese”.

No lugar da medianeira

Riamar SCGV promoverá 40 vivendas moi asolladas en cooperativa, de 2, 3 e 4 dormitorios, das que 36 terán vistas á ría. É unha localización a cinco minutos andando do paseo de Bouzas e a quince da praia de Alcabre. O edificio terá unha zona común privativa que implicará separación dos dous accesos á parcela, o peonil principal pola rúa Tomás Alonso e o rodado e peonil tamén por Avenida de Beiramar.

O réxime dá as vivendas é libre, o que implica un acceso á propiedade sen condicionantes de ingresos ou tenencia doutras propiedades.

Os prezos contidos de adxudicación previstos, que inclúen coa vivenda praza de garaxe e rocho, máis o seu IVE correspondente, sitúanse por baixo dos do mercado actual.

No momento de confirmar o interese en participar na cooperativa, a persoa interesada eligirá a vivenda da súa preferencia.

Ao estar preto do mar e non ter construcións diante, as vistas á ría quedan libres e as calidades garantirán os illamentos e confort térmico e acústico.

Características básicas da promoción

  • 86 m² construídos
  • 2 habitacións
  • 2 baños
  • Praza de garaxe incluída no prezo
  • Promoción de obra nova
  • Trasteiro
  • Certificación enerxética de proxecto: non indicado
  • Edificio
  • Baixo exterior
  • Con ascensor

Fotos da futura urbanización

NoticiasVigo.es fai unhas preguntas

  • Porque se permite a desaparición das medianeiras?
  • Non se tivo en conta a hora de facer as medianeiras de que poderían desaparecer?
  • Houbo un estudo serio sobre o programa das medianeiras?
  • Quen vai pagar o dano que se lle fai ao artista ao ver que a súa obra desaparece?
  • O goberno local non debería devolver ao concello o diñeiro gastado en medianeiras de duración limitada xa que o diñeiro é dos vigueses e viguesas?

Comentar noticia

Your email address will not be published.