O Concello coopera co programa “Vigo polo Congo” en favor do fogar de acollida de Kinshasa

“Vigo por el Congo” é o nome do programa da Asociación Malembre coa que o Concello coopera para mellorar a alimentación, a sanidade e a educación do medio centenar de nenos de 6 a 11 anos que viven no orfanato de Kinshasa.
Publicado por o día 14/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello coopera co programa “Vigo polo Congo” en favor do fogar de acollida de Kinshasa

O Concello de Vigo aporta 20.000 euros para cooperar co programa “Vigo polo Congo” en favor da Asociación Malembe. Abel Caballero sinalou que con esta iniciativa se mellora a alimentación, a sanidade e a educación de 51 nenos e nenas de entre 6 e 11 años que viven no orfanato Kimbondo, en Kinshasa.

O Congo é un dos países máis illados do mundo debido aos conflitos armados permanentes e a epidemias como o ébola, a corrupción, a pobreza estrutural e o atraso histórico dos países subsaharianos.

O fogar de acollida de Kimbondo está nun barrio semirural das aforas da capital e o programa “Vigo polo Congo” ten como obxectivos primordiais o reforzo alimenticio de 51 menores, posto que a maioría sofre desnutrición debido á falta de variedade na alimentación.

Ademais, a iniciativa está orientada a proporcionar educación primaria con becas para seis menores de educación especial, 40 de apoio e 5 de altas capacidades, mentres que en educación secundaria hai becas para 2 estudantes de formación profesional, unha beca universitaria e un curso de educación para a igualdade e integración de 43 mulleres adolescentes.

No campo sanitario, o programa tamén atende a prevención e intervención de 51 menores contra parasitos endémicos (51 menores). A asociación informou ao Concello de que a posta en marcha da colaboración provocou un salto de calidade na educación, aumentou o seu interese e rendemento na escola, mellorou o seu comportamento y sobre todo aumentaron notablemente a súas expectativas persoais.

Comentar noticia

Your email address will not be published.