Vigo reclama á Xunta 2.500 novas prazas en residencias de maiores

Vigo ten un “escandaloso déficit” de prazas públicas en residencias de maiores, moi por debaixo da media galega e nacional. Con 604 prazas, a ratio de Vigo é dun 0,9%, a galega, dun 3% e do conxunto de España, dun 4%. A OMS recomenda unha media dun 5%, polo que a nosa cidade precisa de 2.500 novas vacantes en centros asistenciais de maiores.
Publicado por o día 05/02/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo reclama á Xunta 2.500 novas prazas en residencias de maiores

O alcalde de Vigo sumou esta mañá a súa voz á dos sindicatos de pensionistas que reclaman á Xunta máis prazas en residencias públicas para maiores. A administración autonómica ofrece só 604 prazas nunha cidade na que viven máis de 65.000 persoas maiores.

A OMS recomenda un ratio do 5%, polo que en Vigo serían necesarias máis de 3.250 prazas (a media actual é do 0,9%). O ratio en Galicia e dun 3% mentres que en España, alcanza o 4%. En verbas do rexedor, hai que urxir á Xunta a paliar este “déficit escandaloso” coa posta en marcha de 2.500 novas prazas en residencias de maiores.

Comentar noticia

Your email address will not be published.