Vigo reforza o servizo de transporte urbano ata o 75% da súa capacidade

O alcalde explica que as frecuencias das liñas do autobús da cidade coincide co paso á Fase 1 do proceso de desescalada. Amais, o Concello continúa este luns co reparto de 7.500 máscaras de protección.
Publicado por o día 11/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Galicia,Vigo

Vigo reforza o servizo de transporte urbano ata o 75% da súa capacidade

O servizo de transporte urbano de Vigo refórzase desde este luns para “para facer fronte á nova situación da Fase 1” no proceso de desescalada, segundo explicou hoxe o alcalde que cifrou nun 75% da súa capacidade o incremento que se aplica nas frecuencias das liñas de autobús.

Así, nos días laborables os autobuses en circulación pasarán dos 49 da Fase 0 a 77, os sábados pasará de 29 vehículos a 45 e os domingos e festivos de 28 a 39.

Reparto de máscaras

O goberno municipal segue este luns coa distribución de 7.500 máscaras de protección, enviadas polo Goberno de España, en mercados da cidade e tamén nas parroquias. Caballero lembrou a aquelas persoas que coñezan a alguén que precise deste material e que non poida saír da casa para abastecerse, que dean aviso ao Concello para poder entregarllo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.