Vigo rende homenaxe ás vítimas do accidente do río Órbigo cunha placa na Lonxa do Concello

Coincidido cos corenta anos do accidente do río Órbigo no que perderon a súa vida 49 persoas, o goberno local colocará esta tarde unha placa na Lonxa do Concello en memoria das vítimas e da súa familia. Esta homenaxe desenvolverase de xeito simultáneo ao tributo que se organiza en Santa Cristina da Polvorosa -onde tivo lugar o sinistro – e no que participarán os edís Olga Alonso e Ángel Rivas.
Publicado por o día 10/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo rende homenaxe ás vítimas do accidente do río Órbigo cunha placa na Lonxa do Concello

Coincidido cos corenta anos do accidente do río Órbigo no que perderon a súa vida 49 persoas, o goberno local colocará esta tarde unha placa na Lonxa do Concello en memoria das vítimas e da súa familia. Esta homenaxe desenvolverase de xeito simultáneo ao tributo que se organiza en Santa Cristina da Polvorosa -onde tivo lugar o sinistro – e no que participarán os edís Olga Alonso e Ángel Rivas. 

Co obxectivo de render tributo aos estudantes -45 nenos e nenas-, aos profesores e ao condutor de autobús que perderon a súa vida nese tráxico accidente, Vigo organiza esta tarde un acto de lembranza “sinxelo e moi emotivo” no que participarán un dos superviventes, ademais da por aquel momento directora do colexio Vista Alegre. Ás 16,30 h de hoxe mércores, descubrirase unha placa na entrada do edificio consistorial, á mesma hora que se organiza outra homenaxe en Santa Cristina da Polvorosa, o pobo zamorano no que se produciu o accidente, e no que estarán presentes os edís Olga Alonso e Ángel Rivas. Tal e como avanzou o rexedor, trátase de honrar ás vítimas e agradecer a Vigo e a Santa Cristina da Polvorosa o seu comportamento heroico nunha situación que se viviu con gran dramatismo na cidade e en todo o país.