Vigo retoma os baldeos diarios coa presa de Eiras ao tope da súa capacidade

O alcalde anunciou esta mañá que o Concello retomará a normalidade nos baldeos e na limpeza de rúas, unha vez que Eiras está ao tope da capacidade permitida nos meses de outono-inverno. A presa está nestes momentos nun 82,75% da súa capacidade, unha porcentaxe que o ano pasado era dun 58,33%.
Publicado por o día 21/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo retoma os baldeos diarios coa presa de Eiras ao tope da súa capacidade

O alcalde anunciou esta mañá que o Concello retomará a normalidade nos baldeos e na limpeza de rúas, unha vez que Eiras está ao tope da capacidade permitida nos meses de outono-inverno. A presa está nestes momentos nun 82,75% da súa capacidade, unha porcentaxe que o ano pasado era dun 58,33%.

Eiras estaba esta mañá ao 82,75% da súa capacidade, o que supón o máximo permitido en outono ou inverno dado que a presa ten que estar preparada para absorber eventuais choivas fortes. O ano pasado por estas datas, o volume embalsado era dun 58,33%, unha cifra superada neste momento en 24 puntos polo que xa se está a verter o dobre do que marcan os caudais ecolóxicos.

Con estes datos na man, o alcalde deu por rematada a etapa de seca que obrigou a limitar os baldeos polo que a partir de agora volverán ser diarios, ao tempo que se normalizan o ritmo das distintas tarefas de limpeza na cidade.

En Zamáns, o nivel de enchido hoxe era dun 66,59%, mentres que o ano pasado situábase nun 57,68%. A pesar destas cifras tranquilizadoras, o rexedor insistiu na necesidade de proseguir coa “cultura do consumo responsable”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.