Vigo reúne máis de 150 científicos no Congreso Nacional de Biotecnoloxía

Publicado por o día 11/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Vigo reúne máis de 150 científicos no Congreso Nacional de Biotecnoloxía

Máis de 150 científicos celebran esta semana en Vigo o XVII Congreso Nacional de Biotecnoloxía. Durante a inauguración, Caballero destacou o papel cada vez máis importante do coñecemento relacionado coa investigación e os avances científicos. “Temos que contar cun núcleo de investigación que avance sempre na mesma dirección e as universidades xogan un papel esencial neste proceso”, afirmou.